Illa de Pombeiro
illa do concello do Grove
A Illa de Pombeiro (Illa do Pombeiro) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada ao Oeste da península do Grove, preto da costa. Conta con 2 hectáreas de superficie rochosa e áspera, case sen vexetación (que se reduce á herbácea). Está atravesada por grandes gretas aproveitadas polas aves mariñas para aniñar (antigamente debérono de facer as pombas tamén, como indica o seu nome, que significa lugar de pombas). Banco marisqueiro.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Grove, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 2 ha | |||