Hacker
Hacker (do inglés hack, recurtar), tamén coñecido como sombreiro branco (white hat), é o neoloxismo utilizado para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos, hardware de rede/voz etc. O seu entendemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software.
Chámase normalmente hackeo e hackear ás obras propias dun hacker.
Pode atoparse tamén escrito en xerga co termo haxor ou H4X0R (unha posíbel escritura no alfabeto Leet).
Orixe
editarParece ser que o termo hacker xurdiu dos programadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Estes programadores comezaron a partir dos anos 60 a chamárense a si mesmos hackers, xa que utilizaban hacks. Así indicaban que eles podía facer programas mellores e máis eficaces, ou que facían cousas que ninguén máis era quen de facer.
No mesmo sentido, adoita dicirse que o sistema GNU/Linux foi creado e actualmente é mantido por hackers. O nome composto deste sistema operativo débese á adopción por parte do Proxecto GNU do núcleo do sistema operativo deseñado por Linus Torvalds, Linux.
Outros usos do termo Hacker
editarO termo hacker transcende aos expertos relacionados coa informática, para se referir tamén a calquera profesional que está no cumio da súa profesión, xa que na descrición máis pura, un hacker é aquela persoa a quen apasiona o coñecemento, descubrir ou aprender novas cousas e/ou compartilas sen limitacións cos demais.
O termo actualmente é algo ambiguo, xa que tamén se utiliza para referirse a afeccionados á informática que buscan defectos, portas traseiras (backdoors) e mellorar a seguridade do software, así como prever posibles erros no futuro.
Uso incorrecto do termo Hacker
editarIncorrectamente, úsase en ocasións o termo hacker para facer referencia a delincuentes informáticos. Estes delincuentes son en realidade os chamados crackers.
Tamén se usa incorrectamente para referirse aos chamados sombreiros negros (black hat), que utilizan o seu coñecemento con fins maliciosos, antimorais ou ata bélicos.