Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Giorgio Vasari

arquitecto, pintor e historiador italiano

Giorgio Vasari, nado en Arezzo o 30 de xullo de 1511 e finado en Florencia o 27 de xuño de 1574, foi un escritor, pintor e arquitecto italiano. Nacido nunha familia modesta, foi autor dunha aprezada escolma biográfica titulada Vida dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos (Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori) (1560-1570). Esta obra ten importancia, pois nela puxo as bases das primeiras aproximacións metodolóxicas da Historia da arte.

Modelo:BiografíaGiorgio Vasari

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Giorgio II Vasari Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1511 Editar o valor en Wikidata
Arezzo (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1574 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Florencia (Gran Ducado de Toscana) Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara Medici
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura do Renacemento e arquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Arezzo
Pistoia (pt) Traducir
Rimini
Roma
Pisa
Florencia
Nápoles
Boloña
Venecia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, teórico da arte, esteticista, debuxante arquitectónico, biógrafo, historiador da arte, escritor, arquitecto, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1527 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 1574 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, pintura relixiosa e retrato Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGuilherme de Marcillat (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPieter de Witte (pt) Traducir, Giovanni Battista Naldini, Jacopo Zucchi (pt) Traducir e Federico Zuccaro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNiccolosa Bacci Editar o valor en Wikidata
PaisAntonio Vasari Editar o valor en Wikidata  e Maddalena Tacci Editar o valor en Wikidata
ParentesLuca Signorelli, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Vassari, Mahler und Baumeister von Aretso. 177, 177)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V6.10, Descrizione dell'opere di Giorgio Vasari pittore e architetto aretino)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Giorgio Vasari, Schilder en Bouwmeester van Aretso., M172) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827861 Musicbrainz: e30bc966-b616-42e1-8484-5bfbcc5d8b63 WikiTree: Vasari-1 Editar o valor en Wikidata

A partir de 1553 traballa na corte dos Medicis en Florencia e funda a Academia de debuxo en 1562. En 1564, proxecta, sempre en Florencia, o "corredor" que une o Palazzo Vecchio co Pazo Pitti, que constrúe en 5 meses, baixo encargo de Cosme I. Permitiu que os Médicis circulasen sen baixar á rúa para atravesar o Arno pola Ponte Vella (Ponte Vecchio), cheo de admirábeis cadros (moitos autorretratos). Realizaría amais a reforma de Santa Maria Novella. En 1574 comezou a decoración da cúpula de Santa Maria del Fiore, a catedral florentina, realizando as figuras próximas á lanterna, pero a súa morte fixo que a obra fose rematada por Federico Zuccaro. Fóra de Florencia, traballou en Pistoia (Santa María da Humildade) e Pisa (pazo dos Cabaleiros de Santo Estevo).

Traxectoria

editar

Aprendizaxe

editar
 
Giorgio Vasari.

A idade moi temperá converteuse en alumno de Guglielmo da Marsiglia —destacado pintor de vidreiras con obradoiro en Arezzo— a quen foi recomendado polo seu parente o pintor Luca Signorelli. Aos dezaseis anos, o cardeal Silvio Passerini enviouno estudar a Florencia onde frecuentou o estudo do escultor Baccio Bandinelli e tratouse co círculo de Andrea del Sarto e dos seus alumnos Rosso Fiorentino e Jacopo Pontormo. En Florencia coñeceu a Miguel Anxo, a quen reverenciou toda a vida, próximo a marchar a Roma, e cuxo estilo de pintura influíu nel poderosamente.

En 1529 visitou Roma e estudou as obras de Rafael e doutros artistas romanos da xeración anterior. Foi empregado regularmente por patróns da familia Médicis en Florencia e Roma e traballou tamén en Nápoles, Arezzo, Pisa, Boloña e Módena.

Vasari gozou dunha alta reputación durante a súa vida e amasou unha considerábel fortuna. Tamén gozou da consideración dos seus paisanos de Arezzo, cidade dependente de Florencia, onde rematou de construír en 1547 unha fermosa casa, agora museo consagrado a el, a cuxa decoración dedicou moito esforzo. Foi nomeado representante do consello municipal da súa cidade natal e finalmente ostentou o cargo supremo de gonfaloniere. Foi tamén coleccionista de debuxos, que nalgúns casos servíronlle para formular os xuízos artísticos que incluíu nas súas Vidas.

O manierismo de Vasari foi máis admirado durante a súa vida que despois. Débese entender que Vasari era en certo xeito un romántico, lúcido e entusiasta ante o papel novo que estaba a desempeñar na arte o movemento realista no que participaba e ao que puxo nome, en certo xeito de rachadura co pasado. Non é que ao ser manierista fose un imitador, é que se trataba dun artista tan lexítimo como outros.

Obra de arquitectura

editar

Coma arquitecto, a súa obra principal foi a Galleria degli Uffizi (en galego Galería dos Oficios), en Florencia, edificio dun clasicismo simétrico e moi elegante. Tamén levantou a longa pasaxe que conecta os Uffizi co Palacio Pitti a través da Ponte Vecchio, en 1559. Desgraciadamente fixo moito para estragar as igrexas medievais de Santa Maria Novella e Santa Croce, nas que non respectou o coro e o trascoro e ás cales remodelou ao gusto manierista da época. En Roma colaborou na construción da Vila do Papa Xulio III, Vila Giulia, iniciada en 1552, con Giacomo Barozzi da Vignola e Bartolomeo Ammanati. Varios edificios de Pistoia foron deseñados por el.

Obra de pintura

editar

Débenselle os frescos do gran salón do pazo da Chancelaría en Roma e especialmente algúns dos frescos decorativos do Palazzo Vecchio en Florencia (Cronos castrando ao seu pai Urano). Comezou os frescos da cúpula da catedral de Florencia, que non acadou rematar. Cabe salientar a peza A adoración dos pastores, que conserva unha estreita relación co fresco do convento de Santa Margarita en Arezzo. O soporte de pedra que o artista elixiu conta cunha delgada preparación. O óleo matizado logra expresar unha profundidade de planos, típico recurso do Barroco Neoclásico. Eu lembro que realicei unha pequena pintura da natividade de Cristo, a cal regalei á miña Señora Costanza de Medici.

En 1563 fundou a Accademia delle Arti del Disegno en Florencia, baixo a protección do duque Cosme I de Médicis e con Michelangelo, cabeza da institución, e trinta e seis artistas elixidos coma membros.

A obra pictórica de Vasari móstrase en todo o seu esplendor no interior do Pazo Vecchio, na coñecida Sala dos Cincocentos. En 1563 a sala é encomendada a Vasari co fin de levar a cabo unha remodelación decorativa acorde coa grandeza do pazo. Coma resultado temos un impresionante salón de 52 x 23 metros, cuxas paredes están decoradas con obras do pintor: a conquista de Siena, a toma de Porto Ercole, a vitoria de Cosme I de Marciano dellaChiana, a derrota de Pisa en San Vincenzo, o ataque de Mazimilianode Austria en Livorno e Pisa atacada polas tropas de Florencia. A decoración do teito representa, en 39 paneis, os episodios máis importantes da vida de Cosme I, os barrios da cidade e, no centro, a escena do seu nomeamento como Gran Duque de Toscana. A ambos os dous lados, xunto ás paredes, encontramos seis estatuas, incluíndo o Xenio da Vitoria de Michelangelo.

Hai unha polémica pola existencia dunha obra de Leonardo da Vinci coñecida como A batalla de Anghiari, que no seu tempo se encontraría pintada ao fresco nestes muros pero que actualmente está perdida. Barállase a posibilidade de que ao redecorar a sala, Vasari ocultásea baixo as súas pinturas. Un dos elementos que reforzan esta teoría é a existencia dunha expresión italiana situada na bandeira dun dos frescos de Vasari, que di: Cerca Trova (literalmente: procura e acharás).

As vidas dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos

editar

Coma o primeiro historiador da arte italiano, iniciou o xénero dunha enciclopedia de biografías artísticas que continúa hoxe. Vasari acuñou o termo Renacementorinascita»), consciente do continuo renacer nas artes dende os tempos de Alberti. Publicada a súa primeira edición en 1550, e dedicado ao duque Cosme I de Médicis. Foi parcialmente alongado e reescrito en 1568 e provisto de gravados de retratos de artistas -algúns inventados- titulado Le Vite de' più eccellenti architetti, pittori et scultori italiani. O libro comeza cun prólogo técnico sobre arquitectura, escultura e pintura, agrupadas baixo a denominación de «artes do deseño» e incluía un tratado informativo e valioso sobre as técnicas empregadas nas artes. Continúa cunha introdución sobre a orixe das artes desde os pobos antigos até a Idade Media (como decadencia da arte) e presenta o Renacemento como a etapa de anovación.

Utilizou como documentación tanto os escritos sobre arte anteriores ao seu, como as notas, os recordos sobre artistas antigos e todo o material que recollera nas súas viaxes a través de Italia.

As súas biografías están salpicadas de historias entretidas. Moitas das súas anécdotas teñen o espírito e a aparencia da verdade; aínda que outras parecen demasiado boas como para ser certas. Algunhas son puras ficcións, coma o conto do novo Giotto que pintaba unha mosca na superficie dunha pintura de Cimabue, a cal o vello mestre tentaba espantar repetidas veces; famoso conto que ten o seu eco nunha anécdota que se contaba do pintor grego Apeles. Con poucas excepcións, o xuízo estético de Vasari é perspicaz e imparcial. A concepción renacentista da historia como relato dos homes e as súas obras, dota ás súas biografías dun toque humano e dramático, mentres que as obras de arte analízanse como expresión absoluta dun temperamento ou dun pensamento, como resultado do impulso que leva a todo artista a crear arte.

Vasari non investigaba nos arquivos para atopar as datas exactas, como farían os modernos historiadores da arte, e naturalmente as súas biografías son máis seguras para os artistas da súa propia xeración e da precedente. A crítica moderna -con todos os novos materiais descubertos pola investigación- corrixiu boa parte das súas datas e atribucións tradicionais. Pero o resultado é unha tendencia a subestimar a exactitude de Vasari.

A obra segue sendo un clásico. Vasari escribiu unha pequena autobiografía ao final das Vidas, e engadiu noticias de si mesmo e da súa familia nas vidas de Lazzaro Vasari e Francesco Salviati.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar