Gálatas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Os gálatas ou galateos foron un pobo celta que se asentou no centro da península de Asia Menor en torno ó século III antes de Cristo.
Invasión
editarProcedentes da Galia, foron parte dunha invasión de galos cara oriente. Atravesaron Bulgaria, e chegaron a Anatolia pasando por Grecia e polo estreito de Dardanelos.
Os costumes dos gálatas sorprenderon ós helenos, pois estes vían con asombro que, tralas súas derrotas, os guerreiros deste pobo se inmolasen xunta ás súas mulleres.
A chegada dos gálatas a Asia Menor non foi pacífica, senón moi violenta, de xeito que os gálatas facilmente venceron os países que aquí existían, ós que saquearon e impuxeron tributos. O rei de Pérgamo Eumenes I logrou salvarse do seu ataque posiblemente grazas a pagarlle tributo, pero o seu sobriño e sucesor Atalo I Soter (salvador) venceu ós gálatas e logrou expulsalos, e estes tiveron que retirarse da rexión.
Asentamento
editarOs gálatas retiráronse entón a Capadocia, no centro de Anatolia, onde se estableceron e crearon o país de Galacia. A partir deste momento son chamados tal como se coñecen hoxe, gálatas ou galateos.
Os gálatas deixaron no centro de Turquía a súa pegada, que se reflicte en que moitos turcos desta rexión teñan trazos que poden considerarse europeos, coma pelo loiro ou ollos azuis.
A capital turca, Ancara, atópase no lugar que antigamente ocupaban os gálatas. Esta cidade xa existía moito antes da invasión deste pobo, e foi fundada polos pobos hatti, o pobo que vivía na rexión xa antes de ser invadida polos hititas.
Constancia na Biblia
editarComo a tantos outros pobos, o apóstolo San Paulo envía unha epístola ós gálatas, coa fin de darlles a coñecer as ensinanzas de Xesucristo e cristianizalos.
O libro da Biblia no que se atopa esta epístola é a Carta de San Paulo ós gálatas, que ten como abreviatura Gal.