Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Freixeiro, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e a cidade de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.967 habitantes (2.870 homes e 3.097 mulleres).

Freixeiro
Igrexa de San Tomé de Freixeiro.
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°13′11″N 8°43′37″O / 42.219779953296, -8.7269999531599
Poboación5.967 hab. (2022)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Entidades de poboación

editar

Segundo o Nomenclátor de Galicia, as súas entidades de poboación son O Castaño, Cataboi, A Fonte Santa, A Pastora, Pousafoles e As Travesas.[3] Segundo o IGE, as súas entidades de poboación son as seguintes: Freixeiro (2.269), Mantelas (1.608), Riobó (756) e Salgueira (1.295).[2]

Porén, os sete barrios históricos da parroquia son: A Atalaia, Castreliños, Cataboi, O Couto, A Graña, A Ponte Nova e O Regueiro.[4]

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso.

Patrimonio

editar

Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado de Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio San Tomé de Freixeiro está á beira do Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Freixeiro

editar
Lugares da parroquia de Freixeiro no concello de Vigo (Pontevedra)

O Castaño | Cataboi | A Fonte Santa | A Pastora | Pousafoles | As Travesas

Parroquias de Vigo

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-10-05. 
  4. Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar