Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Grao Fahrenheit

unidade de temperatura
(Redirección desde «Fahrenheit»)

Fahrenheit (°F) é unha escala de temperatura proposta por Gabriel Fahrenheit en 1724.

Na escala Fahrenheit, o punto de fusión da auga é de 32 graos, e o punto de ebulición é de 212 graos. Unha diferenza de 1,8 graos Fahrenheit equivale á de 1 Celsius.

Fórmulas de conversión de graos Fahrenheit:
Conversión de para: Fórmula
Fahrenheit Celsius °C = (°F - 32) / 1.8
Celsius Fahrenheit °F = °C × 1.8 + 32
Fahrenheit Kelvin K = (°F + 459.67) / 1.8
Kelvin Fahrenheit °F = K × 1.8 - 459.67
Fahrenheit Rankine °Ra = °F + 459.67
Rankine Fahrenheit °F = °Ra - 459.67
Fahrenheit Réaumur °Ré = (°F - 32) / 2.25
Réaumur Fahrenheit °F = °Ré × 2.25 + 32

Esta escala está actualmente confinada aos países anglosaxóns, especialmente Estados Unidos. Os demais países anglosaxóns, porén, están adaptándose ao uso da escala Celsius. Para uso científico, ten unha compañeira, a escala de Rankine, que leva o 0 da escala ao cero absoluto, de forma similar ao que ocorre entre as escalas Kelvin e Celsius.

     Países que utilizan oficialmente a escala Fahrenheit     Países que utilizan tanto a escala Fahrenheit como a Celsius     Países que utilizan oficialmente a escala Celsius.