El Camp de l'Arpa del Clot
El Camp de l'Arpa del Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. Está situado na parte alta do distrito e antigamente era chamado Camp de l'Arpa. Está delimitado pola Avenida Meridiana e as rúas Aragó, Dos de Maig, Sant Antoni Maria Claret e Navas de Tolosa.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Sant Martí | |||
Poboación | ||||
Poboación | 38.838 (2021) (52.342,32 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 74,2 ha | |||
Nel atopamos un hospital, o Hospital Nen de Déu, aínda que o propio barrio linda co Hospital de la Santa Creu i Sant Pau. A praza de l'Oca é unha praza tradicional que alberga un mercado ao aire libre organizado na chamada Fira d'Artesans Plaça de l'Oca. A pesar de non ser un barrio turístico, dispón de varios hoteis, pensións e albergues.
O barrio está ben comunicado e nel atópanse tres estacións de metro: Camp de l'Arpa, Clot e Encants.
Galería de imaxes
editar-
Edificio modernista da Escola Zafra
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |