Dacia
Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Sarmizegetusa | ||||
Poboación | |||||
Relixión | Mitologia ilíria (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 60 a. C. | ||||
Disolución | 106 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
• Xefe do goberno | Berebistas | ||||
Moeda | Coson (en) | ||||
A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.
Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.
Os dacios eran tripos tracias setentrionais.[1] As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.
Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.
Historia
editarNo inicio do século II a.C., baixo o goberno de Rubobostes, un rei dacio da actual Transilvania, o poder dos dcios na chaira Panonia, a rexión entre os Cárpatos, os Alpes Dináricos e os Balcáns, aumentou coa derrota dos celtas que anteriormente tiñan o poder na rexión. Existiu un reino da Dacia polo menos dende o inicio do século II a.C. gobernado polo rei Oroles. Conflitos cos bastarnas e os romanos (112-74 a.C.), contra os que auxiliaron os escordiscos e os dardanios, enfraqueceron grandemente os recursos dos dacios.
Baixo a rexencia de Burebista (Berebistas), contemporáneo de Xulio César, que reorganizou completamente o exército e elevou o padrón de moral do pobo, os límites do reino estendéronse ao seu máximo. Os bastarnas e os bois foron conquistados, e mesmo as cidades gregas de Olbia e Apolonia no mar Negro recoñeceron a autoridade de Burebista.
De feito, os dacios parecían tan formidábeis que César considerou a posibilidade de enviar unha expedición contra eles; feito que só a súa morte impediu. Por volta da mesma época, Burebista foi asasinado, e o reino foi dividido en catro (ou cinco) partes baixo o mando de gobernantes separados. Un deses gobernantes chamouse Cotiso, que tiña unha filla coa que Augusto seica desexaba casar e co que Augusto prometeu a súa filla de cinco anos de idade, Xulia. É coñecido polo verso de Horacio (Occidit Daci Cotisonis agmen, Odes, III. 8. 18).
Os dacios son mencionados freuentemente no reinado de Augusto, que de acordo con el foran compelidos a recoñecer a supremacía romana. Con todo, de ningún xeito foron subxugados, e en épocas posteriores, para manteren a súa independencia, aproveitaron cada oportunidade de atravesar o conxelado Danubio durante o inverno para devastar as cidades romanas da provincia de Mesia.
Lista de reis de Dacia
editar- Moskon (século IV a. C.)
- Dromiketes (contra 300 a. C.)
- Rubobostes (século III a. C.)
- Oroles (século III a. C.)
- Rhemaxos (contra 200 a.C.)
- Dicomes? (século II a. C.)
- Rholes? (século II a. C.)
- Dapyx? (século II a. C.)
- Tymarcus (contra 100 a. C.)
- Guichthlac (contra 100 a. C.-82 a. C.)
- Burebista (82-44 a. C.)
- Comosicus (44-28 a. C.)
- Non rexistrados (28 a. C.-68)
- Duras (68-87)
- Decébalo o Valente (87-106)
Notas
editar- ↑ "Dacian, North Thracian Language". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 26 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dacia |
Bibliografía
editar- Hoddinott, Ralph F., The Thracians, 1981.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 9780520069831.
- Musset, Lucien. Les Invasions: Les Vagues Germaniques. París: Presses Universitaires de France, 1965.
- Thompson, E. A. The Visigoths in the Time of Ulfila. Oxford: Oxford University Press, 1966.
Ligazóns externas
editar- Sorin Olteanu's Thraco-Daco-Moesian Languages Project (SoLTDM) (sources, thesaurus, textual criticism, phonetics and morphology, substratum, historical geography a.o.)
- Ptolemy's Geography, book III, chapter 5
- UNRV Dacia article
- sights.seindal.dk - Dacians as they appear on the Arch of Constantine
- www.fectio.org.uk - Draco Late Roman military standard
- www.stoa.org/trajan Arquivado 11 de outubro de 2004 en Wayback Machine. - Dacian Wars on Trajan's Column
- Journey to the Land of the Cloud Rovers - photographic slide show of Sarmizegetusa. Requires Macromedia Shockwave.
- Dacia on coins.
- Dacian coins