Constantine
Constantine é un filme estadounidense de temática sobrenatural dirixido Francis Lawrence e protagonizado por Keanu Reeves e Rachel Weisz que se estreou no 2005. O filme baséase no libro de banda deseñada Hellblazer. Estreouse en galego na TVG o 30 de maio de 2010.[2]
Constantine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Constantine |
Director | Francis Lawrence |
Produtor | Lorenzo di Bonaventura Akiva Goldsman Benjamin Melniker Lauren Shuler Donner Erwin Stoff Michael E. Uslan |
Guión | Kevin Brodbin Frank Cappello |
Baseado en | Hellblazer |
Intérpretes | Keanu Reeves Rachel Weisz Shia LaBeouf Tilda Swinton Pruitt Taylor Vince Djimon Hounsou Gavin Rossdale Peter Stormare |
Música | Klaus Badelt Brian Tyler |
Fotografía | Philippe Rousselot |
Montaxe | Wayne Wahrman |
Estudio | Village Roadshow Pictures Vertigo (DC Comics) |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 18 de febreiro de 2005 30 de maio de 2010 (TVG) |
Duración | 121 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $230 884 728 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/constantine | |
Sinopse
editarJohn Constantine (Keanu Reeves) estivo no inferno e regresou. Nado cun don que non desexaba, a capacidade de recoñecer claramente ós anxos e ós demos híbridos que andan pola terra baixo un aspecto humano, Constantine vese empurrado a quitarse a vida para fuxir das súas atormentadoras visións. Porén, en contra da súa vontade resucitou e atópase de novo no mundo dos vivos; aínda que debido o seu intento de suicidio está condenado a ir ó inferno segundo a relixión católica. A partir dese intre, patrulla a fronteira terreal entre o ceo e o inferno, agardando en van gañar a salvación enviando ós esbirros do diaño de volta ás profundidades. Pero Constantine non é ningún santo. Desilusionado polo mundo que o rodea e enfrontado co máis aló, é un heroe amargado que fuma en exceso, leva unha vida dura e despreza a idea do heroísmo. Cando unha desesperada pero escéptica detective de policía (Rachel Weisz) consegue a súa axuda para resolver a misteriosa morte da súa querida irmá xemelga, a súa investigación lévaos a través do mundo dos demos que está baixo Os Ánxeles.
Personaxes
editar- Keanu Reeves como John Constantine
- Rachel Weisz como Detective Angela Dodson e Isabel Dodson
- Shia LaBeouf como Chas Kramer
- Djimon Hounsou como Papa Medianoite
- Pruitt Taylor Vince como Padre Hennessy
- Gavin Rossdale como Balthazar
- Tilda Swinton como Arcanxo Gabriel
- Peter Stormare como Lucifer
- Max Baker como Beeman
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Constantine na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)