18 de febreiro
día do ano
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 18 de febreiro é o 49º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 316 días para finalizar o ano, 317 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1701 - Filipe de Anjou chega a Madrid e ten unha grande acollida por parte do pobo, que quere coroalo rei de España.
- 1930 - Plutón foi descuberto por Clyde Tombaugh dende o observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, Estados Unidos.
- 2004 - O ciclo de cantautores 'Con voz propia' (Pontevedra) con motivo do Ano da Música, chegou a súa fin cun concerto de Mariza.
- 2004 - ETA anuncia unha tregua indefinida en Cataluña.
Nacementos
editar- 1626 - Francesco Redi, médico, naturalista e escritor toscano (m. 1697).
- 1745 - Alessandro Volta, físico italiano.
- 1836 - Ramakrishna, místico indio (m. 1886).
- 1838 - Ernst Mach, físico e filósofo austríaco.
- 1860 - Anders Zorn, pintor e escultor sueco.
- 1879 - Antonio Rey Soto, sacerdote e escritor galego (m. 1966).
- 1887 - Joan Peiró, político anarquista catalán (m. 1942).
- 1888 - Manuel Capón Fernández, sacerdote e escritor galego.
- 1906 - Hans Asperger, pediatra e psiquiatra austríaco (m. 1980).
- 1909 - José Peinado Altable, psicólogo e pedagogo español.
- 1924 - Lêdo Ivo, escritor brasileiro.
- 1931 - Toni Morrison, escritora estadounidense.
- 1933 - Yoko Ono, muller de John Lennon.
- 1942 - Antón Santamarina, lingüista galego.
- 1946 - Carlos Almuíña, arquitecto galego.
- 1947 - José Luis Cuerda, director de cine español.
- 1950 - Cybill Shepherd, actriz estadounidense.
- 1954 - John Travolta, actor estadounidense.
- 1957 - Vanna White, actriz e modelo estadounidense.
- 1967 - Roberto Baggio, futbolista italiano.
- 1968 - Molly Ringwald, actriz estadounidense.
- 1973 - Claude Makélélé, futbolista congolés.
Mortes
editar- 1405 - Tamerlán, conquistador mongol uzbeko.
- 1546 - Martiño Lutero, teólogo alemán.
- 1564 - Michelangelo, pintor, escultor e arquitecto italiano.
- 1910 - Andrés Landín, xornalista e político galego.
- 1949 - Niceto Alcalá-Zamora, político español.
- 1949 - Herman Eriksson, político sueco (n. 1892).
- 1952 - Enrique Jardiel Poncela, literato español.
- 1956 - Gustave Charpentier, compositor francés.
- 1967 - Robert Oppenheimer, físico estadounidense.
- 1968 - José Bellver, xuíz e fotógrafo galego (n. 1896).
- 1972 - Joaquín Freire de Andrade, membro da Real Academia Galega desde 1956.
- 1974 - Manuel A. Odría, presidente do Perú (1948-1956).
- 1999 - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (n. 1909).
- 2008 - Alain Robbe-Grillet, escritor e cineasta francés (n. 1922).
- 2017 - Carlos Abraira Cela, médico e galeguista da Arxentina (n. 1936).
Festas e celebracións
editar- Día Internacional da Síndrome de Asperger [1]
Outros
editarVarios
editar- ↑ "Día Internacional del Síndrome de Asperger" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2022. Consultado o 30.11.2022.