Branquiúros
Branchiura | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Argulus sobre as branquias dun peixe | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
Os branquiúros (Branchiura) son unha subclase de crustáceos maxilópodos que comprende unhas 130 especies[1] clasificadas todas nunha soa orde, os arguloides (Arguloida), e unha soa familia, os argúlidos (Argulidae), composta polos xéneros Argulus, Dolops e Chonopeltis.
Os branquiúros son fundamentalmente ectoparasitos de peixes mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos copépodos, ademais do único ollo fusionado, posúen dous ollos simples a cada lado da cabeza.
O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes parasitos adoitan fixarse ás branquias dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal hóspede. As súas mandíbulas están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de estilete chamado probóscide, mentres que os apéndices se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.
Clasificación
editarSegundo Martin & Davis (2001),[2] os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:
Subclase Branchiura Thorell, 1864
Notas
editar- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Branquiúros |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Branquiúros |