Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

William John "Billy" Cunningham, nado o 3 de xuño de 1943 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira entre a National Basketball Association (NBA) e a American Basketball Association (ABA). Drafteado no quinto posto da primeira rolda polos Philadelphia 76ers en 1965, Cunningham xogou na franquía de Pensilvania como ala e ala-pivote durante nove tempadas. Nos 76ers xogou durante a súa traxectoria na NBA, conseguindo o anel de campión en 1967. Durante os anos 1972 e 1974 deixou o seu equipo de toda a vida para xogar nos Carolina Cougars da ABA, competición rival da NBA.

Modelo:BiografíaBilly Cunningham

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónErasmus Hall High School (en) Traducir
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e American Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Carolina Cougars
Philadelphia 76ers
1962–1965 North Carolina Tar Heels
Participou en
1965Universíada de Verão de 1965 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Billy Cunningham, alcumado "Kangaroo Kid" (do inglés: o rapaz canguro) foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame en 1986. Despois da súa retirada como xogador continuou como adestrador dos 76ers desde 1977 até 1985. Como técnico conseguiu un novo anel de campión en 1983. Como homenaxe o seu dorsal 32 está retirado polos Philadelphia 76ers.

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Despois de demostrar a súa capacidade no instituto Erasmus Hall do seu Brooklyn natal, onde foi nomeado mellor xogador da súa liga, foi recrutado pola Universidade de North Carolina, onde conseguiu unhas estatísticas de 24,3 puntos e 15,1 rebotes, logrando fazañas tan destacadas como a de anotar 48 puntos nun único partido ou a de conseguir 27 rebotes noutro. Para a posteridade, posúe o récord da súa universidade de rebotes nunha tempada, ao conseguir unha media de 16,1 por partido no seu segundo ano.

Profesional

editar

Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1965 polos Philadelphia 76ers, onde comezou actuando como "sexto home", gañando en pouco tempo un posto como titular e chegando ao seu máximo apoxeo na tempada 1969-70, onde alcanzou uns números de 26,1 puntos e 13,6 rebotes por partido. Gañou un título da NBA en 1967 cos Sixers, xogando xunto a grandes estrelas como Wilt Chamberlain ou Hal Greer.

En 1972 ficha por Carolina Cougars da ABA, a liga rival da NBA, onde permanece tempada e media, sendo elixido MVP (mellor xogador) da liga en 1973. Regresa posteriormente a Filadelfia, onde unha lesión obrígalle a retirarse con tan só 32 anos.

Adestrador

editar

Fíxose co cargo de adestrador dos Sixers en 1977, construíndo un excelente equipo con xogadores do talle de Bobby Jones, Maurice Cheeks, Andrew Toney, Moses Malone e Julius Erving, o Dr. J., cos que conseguiu o título en 1983. É o adestrador que máis rapidamente chegou ás 200, 300 e 400 vitorias en toda a historia da NBA.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar