Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Bermudas

arquipélago no océano Atlántico, parte do Territorio Británico de Ultramar
(Redirección desde «Bermuda»)

As illas Bermudas[1][2] (en inglés: Bermuda, /bərˈmjdə/, historicamente coñecidas como as Bermudas ou Illas Somers) é un Territorio Británico de Ultramar no océano Atlántico Norte. O arquipélago das Bermudas está formado por 181 illas cunha superficie total de 53,2 km². A terra máis próxima fóra do territorio atópase no estado estadounidense de Carolina do Norte, aproximadamente 1035 km. ao oeste-noroeste.

Modelo:Xeografía políticaBermudas
Bermuda (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata

Lema«Quo Fata Ferunt»
«Whither the Fates carry (us)»
«Каквото съдбата донесе» Editar o valor en Wikidata
EpónimoJuan de Bermúdez (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°19′N 64°44′O / 32.32, -64.74
EstadoReino Unido
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particularterritorio Británico de Ultramar Editar o valor en Wikidata
CapitalHamilton Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deColonia de Virxinia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación65.024 (2013) Editar o valor en Wikidata (1.226,87 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie53 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Creación1612 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoterritorio Británico de Ultramar
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoJohn Rankin Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Bermuda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Premier of Bermuda (en) Traducir Editar o valor en WikidataEdward David Burt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento das Bermudas (pt) Traducir , (Escano: 47) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Bermuda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal7.127.200.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar bermudense (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bm Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1441 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBM Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.bm Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453621

As Bermudas teñen un clima subtropical, con invernos suaves e veráns cálidos. Propenso aos furacáns,[3] o seu clima tamén presenta características de oceánico similares a outras áreas costeiras do hemisferio norte, con aire cálido e húmido do océano que garante unha humidade relativamente alta e unha temperatura estable.

As Bermudas reciben o nome do explorador español Juan de Bermúdez, que descubriu o arquipélago en 1505. As illas estiveron habitadas permanentemente desde 1612 e, formando parte da América Británica, convertéronse nunha colonia da coroa en 1684. Os primeiros Escravos africanos chegaron en 1616, pero como o comercio de escravos cesou a finais do século XVII, a colonia converteuse nunha base para comerciantes, corsarios, e a Mariña Real. Máis recentemente, o turismo foi un contribuínte importante á economía das Bermudas. Despois da segunda guerra mundial, o territorio converteuse nun destacado centro financeiro offshore e paraíso fiscal.

En xullo de 2018, as Bermudas tiñan unha poboación de preto de 70.000 persoas, polo que é o máis poboado dos territorios británicos de ultramar.[4] Bermudanos negros, descendentes principalmente de escravos africanos, constitúen ao redor do 50% da poboación, mentres que os Bermudanos brancos, principalmente de ascendencia británica, irlandesa e portuguesa, representan o 30%.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar estadounidense. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Etimoloxía

editar

As Bermudas reciben o nome do mariñeiro español Juan de Bermúdez, que descubriu as illas en 1505,[4] mentres navegaba para España dunha viaxe de avituallamento a Hispaniola no barco La Garça. (O nome é polo tanto do nome visigodo "Bermund" ou "Veremund".)

Historia

editar

Descubertas polo español Juan de Bermúdez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.

A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación se desenvolveron, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.

Durante a segunda guerra mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arrendamento co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arrendamento durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas nas Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5,8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu anexo se achaba ao final occidental da illa no Gran Fondeadoiro.

Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno das Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.

Goberno e política

editar

Poder executivo: A autoridade máxima é o Xefe do Estado, o rei Carlos III do Reino Unido, representado nas Bermudas polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.

Poder lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.

Poder xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.

Partidos políticos:

  • Partido Ambientalista (AP)
  • Partido Laborista Progresista (PLP)
  • Partido Nacional Liberal

Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.

Economía

editar
Artigo principal: Economía das Bermudas.

Demografía

editar

54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses (10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.

 
Mapa das Bermudas.

Cultura

editar
Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day
24 de maio Día das Bermudas Bermuda Day
2º luns de xuño Aniversario da Raíña Queen's Birthday
Xoves antes o 1º luns en agosto Día da Emancipación Emancipation Day
Venres antes do 1º luns de anosto Somer's Day
1º luns de setembro Día do traballo Labour Day
11 de novembro Día do Recordo Remembrance Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Boxing Day
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bermudano.
  2. Definición de bermudano, -da no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Kara, James B. Elsner; A. Birol (1999). Hurricanes of the North Atlantic: climate and society. New York, NY [u.a.]: Oxford Univ. Press. ISBN 978-0195125085. 
  4. 4,0 4,1 "North America :: Bermuda". CIA World Factbook. xullo 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019.  Modelo:CIA World Factbook

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar