Beornwulf de Mercia
Beornwulf, finado en 826, foi rei de Mercia, reino situado nas midlands inglesas, entre 823 e 826. O seu curto reinado viu o fin da supremacía de Mercia sobre o resto dos reinos da Heptarquía inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | 825 |
Rei de Mercia | |
823 (Gregoriano) – 826 (Gregoriano) ← Ceolwulf I de Mercia – Ludeca de Mercia → | |
Rei de Mercia | |
823 – 825 ← Ceolwulf I de Mercia – Ludeca de Mercia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Wiglaf de Mercia, Beorhtwulf de Mercia |
Pai | Beorhtweald, Prince of Mercia |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarUn home chamado Beornwulf aparece mencionado como testemuña nun diploma do rei Coenwulf de Mercia en 812 e noutro de Ceolwulf en 823, pero a súa posición nestes diplomas suxire que non era dun rango especialmente elevado.[1] Beornwulf derrocou a Ceolwulf I en 823.
En 825, Beornwulf marchou contra Wessex. Ambos os exércitos atopáronse en Ellandun (actual Wroughton preto de Swindon en Wiltshire). A batalla concluíu cunha desastrosa derrota merciana, e é vista polos historiadores como o fin da supremacía de Mercia en Inglaterra. En 826, o fillo de Ecgberht de Wessex, Aethelwulf invadiu Kent e expulsou do trono ao seu rei Baldred, aliado de Mercia.
Ante estes acontecementos, a hexemonía de Mercia sobre o sur de Inglaterra debilitouse rapidamente. Essex e Sussex declaráronse leais a Ecgberht; e os Anglos Orientais solicitaron a Ecgberht a súa protección fronte a Mercia ese mesmo ano. Beornwulf resultou morto nunha batalla contra estes anglos cando tentaba sufocar a rebelión.
Beornwulf reconstruíu a abadía de San Pedro (posteriormente Catedral de Gloucester) e presidiu dous sínodos en Clofesho (un lugar descoñecido nas inmediacións de Londres) xunto ao arcebispo Wulfred de Canterbury, en 824 e 825.[2] Un diploma de Kent, datado en marzo de 826, no terceiro ano de reinado de Beornwulf,[3] indícanos que Beornwulf aínda tiña autoridade na zona en marzo de 826 – S1267. Só se coñecen 25 exemplares de moedas cuñadas durante o seu reinado.
Notas
editar- ↑ Stenton, Frank (1998) [1943, 1971]. Oxford, ed. Anglo-Saxon England (paperback). p. 231, nota 1..
- ↑ Hunt, William (1885). "Beornwulf". En Leslie Stephen. Dictionary of National Biography (en inglés) 4. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972..
- ↑ esawyer.org.uk (ed.). "Sawyer 1267". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beornwulf de Mercia |