Apóutega
Apóutega | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A apóutega, mel de raposo[1], tetos, abuítega,venturiño[2], ameleira, mel do cuco, chuchamelos[3], tamén coñecida como póutiga ou apóutiga [4][5], de nome científico Cytinus hypocistis, é unha especie de planta parasita que é polinizada polas formigas,[6] pertencente á familia Cytinaceae. Parasita nas raíces de plantas dos xéneros Cistus e Halimium[7]. Atópase principalmente na zona mediterránea[8], é a especie tipo para o xénero Cytinus.
Descrición
editarPosúe talos floríferos de 3-13(16) cm, solitarios ou en mandas de até 10(13) sobre a mesma raíz, erectos, de 10 mm de diámetro na base e 20 mm no ápice, glabros ou con pubescencia glandulosa. As follas de 15-25(30) x 4–10 mm, oblongas ou ovadas, ± densas, imbricadas, obtusas, irregularmente dentadas (fimbriadas), as hipoxeas abrancazadas, as epixeas amarelentas ou vermellas, mesmo dunha cor escarlata na parte apical. Inflorescencias con (3)4-14(20) flores; brácteas de 10(15) - 3 mm, da mesma cor que as follas ou de coloración máis intensa; bractéolas algo máis pequenas e estreitas, elípticas, cóncavo-convexas, enteiras, papilosas ou glandulosas, vermellas ou dunha cor escarlata. Perianto das flores masculinas de 12-15(17) mm, co tubo bruscamente constreñido baixo os lobos; o das femininas, de 12–30 mm, laxeniforme, papiloso –rara vez glanduloso– sobre todo na cara externa, de cor amarela ou amarela limón; lobos 4-8(10) mm. Froito de 5–10 mm de diámetro, amarelo. Sementes de 0,1-0,2 mm, numerosas, elipsoides. Posúe un número de cromosomas diploide (2n) = 32.[9]
Taxonomía
editarCytinus hypocistis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Genera Plantarum, ed. 6 576. 1764.[10]
Distribución
editar“ |
Ceo de doce lume de apóutega |
” |
Cytinus hypocistis é nativa tanto da Península Ibérica como das illas Baleares e das Canarias, Albania, Alxeria, Creta, Croacia, Chipre, Grecia, Francia (incluíndo Córsega), Israel, Italia (incluíndo Sardeña e Sicilia), Líbano, Libia, Malta, Marrocos, Portugal, Siria, Tunisia e Turquía.[8]
Atópase presente na penumbra de xarais do Parque Natural de Los Alcornocales en Andalucía, na matogueira baixa asociada á sobreira do mediterráneo. Tamén está presente en Galicia.
A subespecie macranthus é nativa de Portugal e España occidental; orientalis é nativa do sur de Grecia e Creta; e pityusensis é endémica de Eivisa.[13]
Usos
editar“ | O souto onde andaba o Ánxel era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban gamóns, estraloques, póutegas e chouparros, flora das terras húmidas... | ” |
Cytinus hypocistis empregouse na medicina tradicional para tratar a disentería e os tumores da gorxa, e tense empregado polas súas propiedades adstrinxentes, antidiarreicas e emenagogas.[15][16]
Segundo Pius Font i Quer "é mellor empregala fresca. Recóllese en primavera e prénsase; emprégase o zume, que se toma a culleradas, cantas se precise, para conter os cursos diarreicos e para reprimir as menstruacións demasiado copiosas. Tamén se pode desecar o zume ao sol e gardalo en papel de estaño".[17]
Nomes vernáculos galegos
editarEn Galicia hai gran cantidade de nomes comúns para esta planta, algúns deles son: abuítega, ameleira, ameleiras, amoleiras, apoitega, apoutega, apóitiga, apóutega, apóutiga, apóutigas, chuchameles, chupameles, coalhadas, cuca, cucas, fuchiga, gaitores, hipocístide, maias, margarida, margaridas, margaritas, mel de raposo, mielgas, nocella, nocellas, petugas, poitega, pourtegas, poutas, poutega, poutegas, poútega, puchegas, puchigas, puga, pugas, pustigos, putegas, puticas, putigas, pé de lebre, póutega, póutiga, pútegas, pútiga, tetos, veituriños, venturiña, venturiño e venturiños.[18]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apóutega.
- ↑ Nombres vernáculos del táxon Cytinus hypocistis (L.) L. Arquivado 13 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Ao noroeste do Noroeste
- ↑ Instituto da Lingua Galega - Dicionario: Apóutiga
- ↑ Nome galego en Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
- ↑ Clara de Vega, Montserrat Arista, Pedro L. Ortiz, Carlos M. Herrera, & Salvador Talavera (Maio do 2009). "The ant-pollination system of Cytinus hypocistis (Cytinaceae), a Mediterranean root holoparasite". Annals of Botany 103 (7): 1065–1075. doi:10.1093/aob/mcp049. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ Polunin, Oleg (1982). Omega, ed. Guía de campo de las flores de Europa. ISBN 84-282-0378-4.
- ↑ 8,0 8,1 GRIN (9 de abril de 2007). "Cytinus hypocistis information from NPGS/GRIN". Taxonomy for Plants. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland: USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ Cytinus hypocistis en Flora Vascular
- ↑ "Cytinus hypocistis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ "Cytinus hypocistis en [[The Plant List]]". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 27 de maio de 2015.
- ↑ Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra. Edicións Xerais. Vigo. 1962.
- ↑ Royal Botanic Garden Edinburgh (ed.). "Flora Europaea Search Results for hypocistis and Cytinus". Flora Europaea. Consultado o 15 de novembro de 2012.[Ligazón morta]
- ↑ Alonso Girgado. Antoloxía do conto galego do século XX, pp. 35-43. Galaxia. Vigo. ISBN 978-84-8288-865-1.
- ↑ James A. Duke. "Cytinus hypocistis (RAFFLESIACEAE)". Dr. Duke's Phytochemical and Ethnobotanical Databases. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ "Cytinus hypocistis". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ Font i Quer, Pius (1993). Labor, ed. Plantas medicinales, el dioscórides renovado (en castelán). ISBN 84-335-6151-0.
- ↑ "Buscar polo nome común apóutega". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Apóutega |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apóutega |
Bibliografía
editar- Davis, P. H., ed. 1965–1988. Flora of Turkey and the east Aegean islands (en inglés)
- Fedorov, A. A., ed. 1974. Florae partis europaeae URSS
- Greuter, W. et al., ed. 1984. Med-Checklist (en inglés)
- Hansen, A. & P. Sunding., ed. 1993. Flora of Macaronesia: checklist of vascular plants, ed. 4. Sommerfeltia vol. 17 (en inglés)
- Izquierdo Z., I. et al., ed. 2004. Lista de especies silvestres de Canarias: hongos, plantas y animales terrestres (en castelán)
- Jalas, J. & J. Suominen, ed. 1972. Atlas florae europaeae
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Apóutiga, na columna De sol a sol de Xosé Carlos Caneiro en La Voz de Galicia