Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Anna Atkins, nada en Tonbridge, no Condado de Kent (Inglaterra), o 16 de marzo de 1799 e finada o 9 de xuño de 1871, foi unha bióloga e botánica inglesa.

Modelo:BiografíaAnna Atkins

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1799 Editar o valor en Wikidata
Tonbridge, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 1871 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Halstead Place, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHalstead Place (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafa, escritora, botánica, ilustradora, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte figurativa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Pelly Atkins Editar o valor en Wikidata
PaiJohn George Children Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA world history of women photographers (en) Traducir
The Palgrave Encyclopedia of Victorian Women's Writing (en) Traducir
A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1457516 WikiTree: Children-89 Find a Grave: 131090632 Editar o valor en Wikidata

Está considerada a primeira muller fotógrafa da historia. Tamén é a primeira persoa en publicar un libro ilustrado con fotografías, un libro escrito á man e publicado en 1843 baixo o título de "Fotografías de las Algas Británicas: Impresiones Cianotipos", do que se editou só un reducido número de exemplares.

Biografía

editar

A nai morreu durante o parto, polo que tivo que ser criada polo seu pai, John George Children, químico, minerólogo e zoólogo. Déuselle o nome do pai a un mineral, a childrenita, e a unha serpe australiana, a pitón de Children (Antaresia childreni).

 
Unha das cianotipias do seu libro British Algae: Cyanotype Impressions (1843)

En 1842, John Herschel, amigo da familia, inventou o proceso fotográfico coñecido como cianotipia, co obxectivo de resolver a dificultade de realizar debuxos precisos de especies vexetais con destino a traballos científicos. Con este método créase unha imaxe en branco sobre un fondo azul. Esta técnica foi a utilizada por Atkins en 1843 na autoedición dunha primeira entrega de fotogramas de cianotipos de algas, nun libro do que só se editaron unhas doce copias, unha delas conservada no National Media Museum de Bradford, Inglaterra. Posteriormente publicou máis entregas da serie British Algae, así como outros libros, como Cianotipias de las Plantas con Flores y Helechos Británicos y Extranjeros (1854).

O seu traballo foi o primeiro intento de plasmar imaxes da forma máis obxectiva posible, achegando un valor non só científico senón tamén artístico.

Morreu con 72 anos de idade, o 9 de xuño de 1871, de parálise e reumatismo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar