Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Vitamina C

composto químico
(Redirección desde «Ácido ascórbico»)

A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes. Úsase tamén na síntese dalgunhas moléculas que serven como hormonas ou neurotransmisores.

Aínda que existen outros alimentos máis ricos en ácido ascórbico (véxase a tabela anexa), popularmente considérase que os cítricos son unha fonte natural de vitamina C.

Todos os efectos da vitamina C son importantes para doentes con deficiencias. Non existe hipervitaminose de vitamina C a través dos alimentos, pero se se toma sinteticamente e en exceso pode ser daniño. Ten os seguintes efectos no organismo en doses moderadas:

  • Favorece a formación dos dentes e ósos;
  • Axuda a resistir ás doenzas.
  • Prevén gripes, fraqueza muscular e infeccións. Axuda sen dúbida en doentes xa con escorbuto.
  • Axuda o sistema inmunolóxico e a respiración celular, estimula as glándulas suprarrenais e protexe os vasos sanguíneos.

A carencia desta vitamina provoca a avitaminose designada escorbuto.

Fontes de vitamina C

editar

A vitamina C non é producida polas células humanas e ten de ser inxerida na alimentación. Algúns alimentos ricos en vitamina C son o Amorodo, melón, laranxa, limón, estripeiro, verza, ananás, papaia, manga, caxú e pementón.

A estripeiro é trinta veces máis rica en vitamina C que a laranxa.

Produto
Vit. C (mg/100 g de

produto fresco)

goiaba
273
pemento
131
brócoli
110
kiwi
90
amorodos
60
limón e laranxa
50

Sinais de falta

editar

A deficiencia patolóxica denomínase escorbuto: feridas que demoran en cicatrizar, hemorraxias, dentes moles, perda de peso, dores nas articulacións e xenxivas inflamadas.