Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

84, Charing Cross Road

(Redirección desde «84 Charing Cross Road»)

84 Charing Cross Road é un breve libro epistolar da estadounidense Helene Hanff, onde se transcriben as relacións inicialmente comerciais e logo máis profundas entre unha clásica librería londiniense de segunda man (Marks & Co., situada no enderezo que dá título ó libro) e a propia autora.

84, Charing Cross Road
Título orixinal84, Charing Cross Road
Autor/aHelene Hanff
Lingualingua inglesa
Xénero(s)epistolario
Data de pub.1970
editar datos en Wikidata ]

Durante vinte anos vemos modificarse o trato e a historia que contextualiza ós remitentes: a época do racionamento na Inglaterra trala segunda guerra mundial, os contratos de Helen para a serie televisiva Ellery Queen e a súa mudanza de piso, as intencións de ilos visitar a Londres etc. Con lapsos de tempo sen misivas e outros documentados mesmo con cartas persoais, o texto amosa a relación de dous mundos coa mesma lingua e distintos parámetros na vida (só hai que ver os problemas coa premura nas entregas, coa comida koxer ou as confusións terminolóxicas respecto a "Madam" ou "Ground ground-nuts"), que se admiran e recean mutuamente e que van intercambiando posicións coma imperio a nivel global. A medida que vai pasando o tempo, a intimidade vaise estreitando, e o trato de cortesía vai deixando paso á informalidade (paso que sorprendentemente se dá antes nos "estirados" irmáns británicos que nos "pícaros" curmáns americanos), e comezan a aparecer non só remites e alusións íntimas entre Helene e Frank P. Doel ou bromas e xogos de palabras ("hotspurs"), senón cartas dos familiares del (a muller Nora e a filla Sheila) e dos compañeiros de traballo (Cecily Farr, Megan/Meg Wells, Bill Humphries, J[anet] Pemberton, George Martin e ó final Joan Todd) e veciñas (Mary Boulton). A seguinte táboa quere ser un índice de tódalas cartas transcritas no libro, o seu remitente e o seu destinatario (con certa diferenciación do tratamento formal ou informal), para poder observar a evolución destes cambios:

Escritos do enderezo 14 East 95th Street

DataDeA
5 de outubro de 1949 HH M&C
25 de outubro de 1949 FPD HH
3 de novembro de 1949 HH M&C
9 de novembro de 1949 FPD HH
18 de novembro de 1949 HH M&C
26 de novembro de 1949 FPD HH
8 de decembro de 1949 HH M&C
9 de decembro de 1949 HH M&C
20 de decembro de 1949 FD HH
25 de marzo de 1950 HH FD
7 de abril de 1950 FD HH
7 de abril de 1950 CF HH
10 de abril de 1950 HH CF
20 de setembro de 1950 FD HH
25 de setembro de 1950 HH FD
2 de outubro de 1950 CF HH
15 de outubro de 1950 HH FD
1 de novembro de 1950 FD HH
2 de febreiro de 1951 FD HH
20 de febreiro de 1951 C H
25 de febreiro de 1951 H C
4 de abril de 1951 C H
5 de abril de 1951 MW sH
5 de abril de 1951 BH sH
9 de abril de 1951 FD HH+
16 de abril de 1951 HH M&C
10 de setembro de 1951 MAX H
15 de setembro de 1951 H MAX
15 de outubro de 1951 HH M&C
20 de outubro de 1951 FD HH
2 de novembro de 1951 HH F
7 de decembro de 1951 FD HH+
15 de xaneiro de 1952 FD HH
20 de xaneiro de 1952 ND sH
29 de xaneiro de 1952 MB HH
9 de febreiro de 1952 HH MAX
9 de febreiro de 1952 HH M&C
14 de febreiro de 1952 FD HH
3 de marzo de 1952 HH FD
24 de marzo de 1952 MB HH
17 de abril de 1952 FD HH
4 de maio de 1952 N H
11 de maio de 1952 HH F
24 de agosto de 1952 N H
26 de agosto de 1952 FD H
18 de setembro de 1952 HH F
12 de decembro de 1952 H M&C
17 de decembro de 1952 N H
3 de maio de 1953 HH F
11 de xuño de 1953 FD H
23 de setembro de 1953 C H
2 de setembro de 1955 HH F
13 de decembro de 1955 FD H
4 de xaneiro de 1956 HH F
16 de marzo de 1956 FD H
1 de xuño de 1956 HH F

Escritos do enderezo 305 East 72nd Street

DataDeA
3 de maio de 1957 F H
6 de maio de 1957 G&E H
10 de xaneiro de 1958 HH F
11 de marzo de 1958 F H
7 de maio de 1958 N H
18 de marzo de 1959 F H
15 de agosto de 1959 HH F
2 de setembro de 1959 F H
1 de xaneiro de 1959 HH F
5 de marzo de 1959 F H
8 de maio de 1959 HH F
2 de febreiro de 1961 HH F
15 de febreiro de 1961 F H
10 de marzo de 1961 HH F
14 de outubro de 1963 F H
9 de novembro de 1963 F H
sábado de 1963-1964H F
30 de marzo de 1964 H F
14 de abril de 1964 F H
4 de outubro de 1965 F H
30 de setembro de 1968 H F
16 de outubro de 1968 F H
8 de xaneiro de 1969 JT sH
29 de xaneiro de 1969 N H
11 de abril de 1969 H K
día de outubro de 1969 Sh H

Significado das abreviaturas

BH: Bill Humphries; C & CF: Cecily Farr; F & FD & FPD: Frank P. Doel; G&E: Genny & Ed; H & HH; Helene Hanff; JT: J[anet] Pemberton; M&C: Marks & Co.; MAX: Maxine; MB: Mary Boulton; MW: Meg/Megan Wells; N & ND: Nora Doel; sH: señorita Helene; Sh: Sheila Doel; +: tarxeta engadida

Remisións e referencias

editar

As referencias fanse máis reais coa aparición de amigos de Helen na librería (Maxine ou Ginny e Ed), os encontros deportivos, o intercambio mesmo da receita do budin con Meg e a contextualización histórica (a Coroación da Raíña Sabela II ou a elección de Churchill), pero tamén se vai notando unha constante nos intercambios escritos: o amor pola literatura, polos libros ben encadernados (que mesmo se personifican) e polas historias ben contadas. Fronte ós ollos do lector vai pasando o máis variado da literatura inglesa e da cultura clásica: Geoffrey Chaucer, William Blake, o Beowulf, Stratford-upon-Avon, Sam Pepys, Safo, Catulo, a Vulgata, Jane Austen, Horacio, Charles Dickens, Hazlitt, Stevenson, Walter Savage Landor, Jonh Henry Newman, Mary Shelley, Keats, Walton, M. de Tocqueville, Platón, John Done, Louis, duque de Saint-Simon, Oliver Cromwell, E. M. Delafield, Virginia Woolf, Friedrich Haendel, Johan Sebastian Bach, Kenneth Grahame, Tristram Shandy (que quizais lle dese nome á editorial galega Tristram), Ródope, a orixe irlandesa de Nora etc.

A historia foi publicada por casualidade cando Helene as preparaba para un redixido curto: un amigo levoullas a un editor que as publicaría íntegras. Grazas á publicación do libro, a autora pode viaxar a Londres en 1971 e coñecer o tan longamente imaxinado Londres. En 1975, a BBC produce un telefilme coa obra e é levada ó teatro no Ambassador londiniense (1981) e no Nederlander Teatre neoiorquino (1982). En 1987, o director de cinema David Jones dirixe a Anne Bancroft coma Helene e a Anthony Hopkins coma Frank, nunha película sobre literatura convertida posteriormente en obxecto de culto.

Edicións existentes

editar

O texto (publicada en castelán polo Círculo de Lectores) levouse á television británica en 1975 protagonizada por Frank Finley e Anne Jackson e ó cine en 1987 da man de Anthony Hopkins e Anne Bancroft. Existe tamén como obra para teatro (representada polo menos en Santiago de Compostela e Lugo durante 2006)