11 de marzo
data
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 11 de marzo é o 70º día do ano do calendario gregoriano e o 71º nos anos bisestos. Quedan 295 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 431 - K'uk' Bahlam I comeza o seu reinado en Palenque (ata 435).
- 1526 - Carlos I contrae matrimonio con Isabel de Portugal.
- 1942 - O xeneral estadounidense Douglas MacArthur abandona Correxidor.
- 1985 - Mikhail Gorbachev, presidente da Unión Soviética.
- 1987 - Helmut Kohl é reelixido chanceler da República Federal Alemá.
- 1990 - Lituania independízase.
- 1990 - Patricio Aylwin, primeiro presidente electo de Chile dende Salvador Allende (1973).
- 1996 - John Howard, 25º primeiro ministro de Australia.
- 1997 - Problema nuclear no Xapón.
- 2003 - Constitúese o Tribunal Penal Internacional na Haia.
- 2004 - Un atentado terrorista, con 13 explosións no ferrocarril, en Atocha e outros lugares de Madrid, produce 191 mortos e moitos máis feridos.
- 2006 - Michelle Bachelet toma posesión como a primeira muller presidente electa de Chile.
- 2011 - Un terremoto de nove graos sacode Xapón, provocando un tsunami que destrúe a costa do nordeste do país nipón e unha alerta nuclear.
Nacementos
editar- 1544 - Torquato Tasso, poeta italiano (m. 1595).
- 1821 - Cándido Nocedal, político, xornalista e avogado galego (m. 1885)
- 1838 - Shigenobu Okuma, primeiro ministro do Xapón (m. 1922).
- 1864 - Juan de la Cierva Peñafiel, avogado e político español (m. 1938)
- 1869 - Ángel Amor Ruibal, pensador galego (m. 1930).
- 1883 - Andrés Balsa, boxeador, loitador profesional e adestrador de fútbol galego (m. 1973).
- 1885 - José García Vidal, avogado e político galego (m. 1969).
- 1900 - Benigno Álvarez González, político galego (m. 1937).
- 1916 - Harold Wilson, Primeiro Ministro do Reino Unido entre 1964 e 1970 (m. 1995).
- 1920 - Nicolaas Bloembergen, físico neerlandés, Premio Nobel.
- 1921 - Astor Piazzolla, cantante e músico arxentino de tango (m. 1992).
- 1922 - Cornelius Castoriadis, filósofo francés.
- 1922 - José Luis López Vázquez, actor español.
- 1922 - Tun Abdul Razak, primeiro ministro da Malaisia (m. 1976).
- 1931 - Rupert Murdoch, empresario estadounidense.
- 1945 - Anxo Tarrío, profesor e crítico literario galego.
- 1952 - Douglas Adams, escritor británico.
- 1955 - Nina Hagen, cantante punk alemá.
- 1957 - Cheryl Lynn, cantante estadounidense.
- 1967 - Helena González Fernández, profesora e investigadora galega.
- 1974 - Fefa Noia, directora de teatro e dramaturga.
Mortes
editar- 1870 - Moshoeshoe I, rei do Lesoto (n. c. 1786).
- 1893 - Vicente Vázquez Queipo, matemático e político galego (n. 1804).
- 1942 - Juan Domínguez Fontela, sacerdote e historiador galego (n. 1869).
- 1950 - Heinrich Mann, escritor alemán (n. 1871).
- 1955 - Alexander Fleming, biólogo británico, Premio Nobel (n. 1881).
- 1957 - Richard E. Byrd, explorador ártico (n. 1888).
- 1971 - Philo T. Farnsworth, pioneiro da televisión.
- 1974 - Aníbal Otero, lingüista e escritor galego (n. 1911).
- 1978 - Claude François, cantante francés (n. 1939).
- 1992 - Joaquín Satrústegui, avogado e político español (n. 1909).
- 1993 - Jesús Bal y Gay, musicólogo galego (n. 1905).
- 1998 - Manuel Piñeiro Losada, político e militar cubano, de orixe galega (n. 1933).
- 2002 - James Tobin, economista estadounidense, Premio Nobel en 1981 (n. 1918).
- 2005 - Aurelio Fierro, actor e cantante italiano (n. 1923).
- 2006 - Slobodan Milošević, expresidente de Iugoslavia (n. 1941).
Festas e celebracións
editarSantoral
editarSantos: Eutimio, Eulogio, Vindiciano, Sofronio, Benito, bispos; Fermín, abade; Heraclio, Zósimo, Cándido, Piperión, Trófimo, Talo, Gorgonio, Firmo, mártires; Constantino, rei; Aurea (Oria), abadesa.