Soidade
A soidade é un termo que se emprega para indicar o estado no que un individuo se atopa só, sen o acompañamento doutras persoas ou seres vivos.
Citas sobre a soidade
[editar]1.- "Retírate dentro de ti mesmo, sobre todo cando necesites compañía." (Epicuro)
2.- "Nunca me sentín só, xa que sempre souben con quen falar na miña soidade" (Karigüe).
3.- "Poucos son entre os homes os que chegan á outra beira, a maior parte corre de arriba a abaixo nestas praias." (Buda)
4.- "Se queres viaxar cara ás estrelas non busques compañía." (Heine)
5.- "Encerreime na soidade. Foi unha clausura dura na que vivía. Dicían de min que son orgulloso. Pero non é verdade, entendíanme mal. A soidade é para min unha condición do traballo." (Holan)
6.- "É mellor ser rei do teu silencio que escravo das túas palabras." (Shakespeare)
7.- "Parecese que as palabras se destilan do silencio, como a luz da escuridade e o amor da soidade." (Karigüe)
8.- "O que busca facilmente pérdese. Todo illamento é culpa." (Nietzsche)
9.- "Cen profundas soidades forman xuntas a cidade de Venecia -esa é a súa maxia. Unha imaxe para os homes do futuro." (Nietzsche)
10.- "A soidade é un estado natural do home, por iso moitos foxen dela." (Karigüe)
11.- "As relixións, como as luciérnagas, necesitan de escuridade para brillar." (Schopenhauer)
12.- "Os homes, malia que se lles fai imposible existir no illamento, senten como un peso intolerable os sacrificios que a civilización lles impón para facer posible a vida en común." (Freud)
13.- "O talento nútrese mellor en soidade." (Goethe)
14.- "Demasiado tempo debatinme na añoranza, coa mirada cravada ao lonxe, demasiado tempo permanecín na soidade, así que xa non sei calar." (Nietzsche)
15.- "Ao final comprendín que nacín só e que despois non morrerei só xa que estarán todos os seres que amo no meu corazón." (Karigüe)
16.- "A soidade é o imperio da conciencia." (Bécquer)
17.- "Non é bo que o home este só" (Xénese 2:18).
Véxase tamén
[editar]Ligazóns externas
[editar]
|