Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Yellowknife, Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYellowknife, Canadá
Yellowknife (en)
Sǫǫ̀mbak'è (mis) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Lema«Multim in Parvo» Editar o valor en Wikidata
EpónimoT'satsąot'ınę (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 62°26′N 114°24′O / 62.44, -114.4
EstadoCanadá
TerritorioTerritorios do Noroeste Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación20.340 (2021) Editar o valor en Wikidata (149,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie136,22 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGran Lago do Escravo Editar o valor en Wikidata
Altitude190 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
N'Dilo (pt) Traducir
Dettah (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Cronoloxía
1936Asentamento
1 de xaneiro de 1970Cidade Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoYellowknife City Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalX1A Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico867 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Fairbanks
Reno
Yakutsk (pt) Traducir (1993–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webyellowknife.ca Editar o valor en Wikidata

Yellowknife (62°27'N 114°21'O) é a capital dos Territorios do Noroeste no Canadá. É a única cidade no territorio con máis de 5.000 habitantes, cunha poboación de 15.748 habitantes (2006), 19.234 habitantes (2011).[1]. Atópase na beira norte do Gran Lago do Escravo, aproximadamente a 400 km do Círculo Polar Ártico, na marxe oeste da Yellowknife Bay, próxima á foz do río Yellowknife. Yellowknife e os corpos de auga do lugar foron denominados así polos indios Dene coñecidos como os 'Copper Indians' ('indios do cobre') ou 'Yellowknife Indians' ('indios de coitelo amarelo') que comerciaban con materiais feitos do cobre extraído dos depósitos da costa Ártica.

A súa poboación actual é mestiza. Das once linguas oficiais dos Territorios do Noroeste, cinco son faladas de xeito significativo en Yelloknife. Alén do inglés e do francés, fálanse o chipewyan, o dogrib e o slave. En chipewyan, a cidade chámase Somba K’e (Som-ba Kay) ("onde está o carto").[2]

O pobo de Yellowknife considérase que se fundou en 1934,[3] tras a descuberta de ouro na zona, aínda que a actividade comercial na zona costeira que hai hoxe en día empezou en 1936. Yellowknife converteuse rapidamente nun centro económico dos Territorios, nomeándose capital dos Territorios do Noroeste en 1967. Cando a produción mineira do ouro empezou a minguar, Yellowknife pasou de ser un pobo mineiro a un centro gobernamental de servizos nos anos 1980. Mais, ao descubrimento de diamantes ao norte de Yellowknife en 1991,[4] este cambio empezou a cambiar.

  1. Censo de Canadá de 2011
  2. "Yellowknife Visitors Guide" (PDF). Yellowknifer. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2009-03-25.  Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  3. "About Yellowknife". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2015.  Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine.
  4. "About yellowknife". "City of Yellowknife". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-08-25.  Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.