Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

X-Men: Days of Future Past

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

X-Men: Days of Future Past
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalX-Men: Days of Future Past
DirectorBryan Singer
ProdutorLauren Shuler Donner
Bryan Singer
Simon Kinberg
Hutch Parker
GuiónSimon Kinberg
Baseado en"Days of Future Past" de Chris Claremont e John Byrne
IntérpretesHugh Jackman
James McAvoy
Michael Fassbender
Jennifer Lawrence
Halle Berry
Anna Paquin
Ellen Page
Peter Dinklage
Ian McKellen
Patrick Stewart
MúsicaJohn Ottman
FotografíaNewton Thomas Sigel
MontaxeJohn Ottman
Estudio20th Century Fox
Marvel Entertainment
Bad Hat Harry Productions
The Donners' Company
TSG Entertainment
Distribuidora20th Century Fox
EstreaJavits Center 10 de maio de 2014
Reino Unido Reino Unido 22 de maio de 2014
Estados Unidos de América Estados Unidos 23 de maio de 2014
Duración131 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroAcción, fantasía
Orzamento$200 000 000[2]
Recadación$746 000 000
Filme anteriorX-Men: First Class
Filme seguinteX-Men: Apocalypse
Na rede
http://www.x-menmovies.com
IMDB: tt1877832 Filmaffinity: 736749 Allocine: 195128 Rottentomatoes: m/x_men_days_of_future_past Mojo: xmen2014 Allmovie: v562354 Metacritic: movie/x-men-days-of-future-past TV.com: movies/x-men-days-of-future-past Netlix: 70298249 Editar o valor en Wikidata

X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que se estreou no 2014. Baséase nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011). A historia, inspirada na trama de 1981 "Days of Future Past" creada por Chris Claremont e John Byrne, céntrase en dous períodos temporais e na viaxe de Lobeto a 1973 para salvar o futuro da humanidade. Neste filme actúan actores como Hugh Jackman, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence, Halle Berry, Anna Paquin, Ellen Page, Nicholas Hoult, Shawn Ashmore, Peter Dinklage, Ian McKellen e Patrick Stewart. Simon Kinberg escribiu o guión a partir dunha historia concibida por el, Matthew Vaughn e Jane Goldman.

Trátase dunha coprodución británico-estadounidense cun orzamento de $200 millóns. A rodaxe comezou en Montreal, Canadá, en abril de 2013 e rematou en agosto do mesmo ano. A estrea fíxose na cidade de Nova York o 20 de maio de 2014, e nos cines o 23 de maio.

X-Men: Days of Future Past recibiu boas críticas, converténdose no mellor valorado da serie X-Men. Salientan o seu fresco estilo visual e a súa trama. Tamén é o filme con maior recadación da serie, con $736 millóns en todo o mundo. A súa secuela, X-Men: Apocalypse, estreouse no 2016, con Singer como director.

Os X-Men loitan pola supervivencia dos mutantes nunha guerra que se desenvolve en épocas diferentes. Os personaxes da triloxía cinematográfica orixinal de “X-Men” unen as súas forzas ás que eles mesmos posuían no pasado, cando eran máis novos , para cambiar un importante acontecemento histórico e librar unha épica batalla que podería salvar o futuro.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Famke Janssen e James Marsden retoman os seus papeis como Jean Grey e Cyclops respectivamente nun cameo do filme.[8] Lucas Till aparece no seu papel de Alex Summers / Havok.[9] Evan Jonigkeit interpreta a Toad.[10]

  1. "X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST (12A)". 20th Century Fox. British Board of Film Classification. 9 de maio de 2014. Consultado o 9 de maio de 2014. 
  2. "X-Men: Days of Future Past (2014)". Box Office Mojo. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  3. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Wolverine Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  4. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Wolverine Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  5. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Professor X Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  6. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Magneto Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  7. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Mystique Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  8. "X-Men Review Confirms Two Secret Cameos". Yahoo!. 12 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  9. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Havok Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 
  10. "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Toad Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]