Voo 902 de Korean Air Lines
Voo 902 de Korean Air Lines | |
---|---|
O avión secuestrado en 1977
| |
Resumo | |
Data | 20 de abril de 1978 |
Causa | derrubado |
Lugar | preto de Loukhi |
Coordenadas | |
Orixe | París-Orly |
Derradeira escala | aeroporto de Anchorage |
Destino | aeroporto de Gimpo |
Finados | 2 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 707-321B |
Operador | Korean Air Lines |
Rexistro | HL7429 |
Pasaxeiros | 97 |
Tripulación | 12 |
Superviventes | 107 |
O voo 902 de Korean Air Lines era un servizo regular dende a París a Seúl cunha escala en Anchorage. O 20 de abril de 1978 a defensa aérea soviética derrubou o avión que operaba a ruta, un Boeing 707, preto de Murmansk, na Unión Soviética, despois de que o aparello violase o espazo aéreo soviético.[1][2]
O voo 902 desviárase do seu curso sobre o Ártico e entrou no espazo aéreo soviético preto da península de Kola, despois do cal foi interceptado e disparado por un avión soviético. O incidente matou dous dos 109 pasaxeiros e tripulantes a bordo e obrigou o avión a realizar unha aterraxe de emerxencia no lago conxelado Korpiyarvi, preto da fronteira finesa.[3]
Eventos
[editar | editar a fonte]O voo 902 saíu de París ás 13:39 hora local en dirección a Seúl.[4] A única escala programada era en Anchorage, Alasca, onde sería reabastecido de combustible para continuar ata Seúl evitando o espazo aéreo soviético.[4] Estaba comandado polo capitán Kim Chang Kyu, co copiloto S.D. Cha e o navegador Lee Khun Shik completando a tripulación de voo.[5][6] O avión fixo comprobacións regulares de radio cando voaba cara ao noroeste, a derradeira delas cinco horas e 21 minutos despois da engalaxe, preto de CFS Alert na illa Ellesmere.[4] A traxectoria de voo do avión ía case directamente ao polo norte magnético, causando grandes erros nos sistemas de navegación baseados nun compás magnético. A súa traxectoria cambiou entón cara ao sueste e voou sobre o mar de Barents e cara ao espazo aéreo soviético, estimándose a chegada ao espazo aéreo soviético en tres horas despois de xirar cara ao sur.[4]
Defensa aérea soviética
[editar | editar a fonte]O radar de defensa aérea soviética detectou ao avión ás 20:54, cando o aparello estaba a uns 400 km away de augas territoriais soviéticas.[7] Ás 21:19 o avión entrou no espazo territorial da Unión Soviética. Como a aeronave non respondeu a ningunha das chamadas dende terra, un interceptor Su-15 pilotado por Alexander Bosov, foi enviado para interceptar o avión. Tras aproximarse ao KAL902, Bosov axitou as ás do Su-15 varias veces, usando o sinal internacional para que o avión de pasaxeiros seguise ao interceptor. No seu lugar o KAL902 realizou un xiro de 90º cara a fronteira entre a Unión Soviética e Finlandia. Bosov informou do intento de fuxida do espazo aéreo soviético ao oficial ao mando da defensa aérea Vladimir Tsarkov, e este, seguindo instrucións internas, ordenou a Bosov derrubar o KAL902.
Segundo as declaracións de Kim sobre o ataque, o interceptor aproximouse ao seu avión dende o lado dereito en vez de dende o esquerdo como require a regulación da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO).[7] Kim baixou a velocidade e acendeu as luces de navegación, indicando que estaba listo para seguir ao caza soviético para aterrar.[7]
Segundo os informes soviéticos, o avión ignorou repetidamente seguir ao interceptor.[8] O copiloto do voo 902, S.D. Cha, dixo que a tripulación intentara comunicarse por radio co interceptor, pero non recibiu resposta.[5]
Bosov intentou convencer aos seus superiores de que o avión non era unha ameaza militar, pero tras recibir ordes de derrubalo ás 21:42 disparou un mísil R-60.[7][9] O mísil pasou o obxectivo.[7] Un segundo mísil impactou contra a á esquerda, arrincando uns catro metros. O mísil tamén perforou a fuselaxe causando unha rápida descompresión e danou un dos catro motores do aparello.[7] O pasaxeiro coreano Bahng Tais Hwang morreu no ataque do mísil, que fería a varios pasaxeiros.[5]
Despois de ser impactado, o avión descendeu rapidamente dunha altitude de 9 000 m (30 000 pés).[7] O aparello entrou nunha nube, desaparecendo dos radares de defensa aérea soviéticos. Os soviéticos confundiron o anaco da á que o voo 902 perdera cun mísil de cruceiro e enviaron outro Su-15 para dispararlle.[7] Bosov tivo que regresar á base xa que o seu Su-15 estaba baixo de combustible. Outro Su-15, pilotado por Anatoly Kerefov, aproximouse ao 707 e obrigouno a aterrar sobre a superficie xeada do lago Korpiyarvi ás 23:05.
Aterraxe de emerxencia
[editar | editar a fonte]Os informes do ocorrido entre o ataque do mísil e a aterraxe do voo 902 difiren. Segundo os medios soviéticos o avión voou a través de toda a península de Kola a baixa altitude durante 40 minutos, buscando un lugar onde aterrar. Tras varios intentos sen éxito, Kim pousou o avión no xeo do lago Korpiyarvi, na República Autónoma Socialista Soviética de Carelia, a uns 140 km da fronteira finesa.[7] Segundo o diario dun pasaxeiro a bordo do avión, un relato apoiado por outros pasaxeiros, pasou unha hora e 40 minutos ata a aterraxe.[5] Unhas dúas horas despois da mesma chegaron tropas soviéticas para iniciar as tarefas de rescate, tempo durante o cal o pasaxeiro xaponés Yoshitako Sugano morreu.[5]
Fontes finesas afirmaron que a defensa aérea soviética non tiña información do paradero do avión despois de que desaparecese do radar.[7] Porén, Tsarkov afirmou que outro piloto soviético, Anatoly Kerefov, localizara ao voo 902 e dirixiuno cara a base aérea de Afrikanda.[7] Tsarkov dixo que Kim quedou atrás e aterrou no lago. Kerefov dixo que practicamente obrigou ao avión a aterrar no xeo do Korpiyarvi.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Worst, But Not The First." Time 122.11 (1983)
- ↑ "The Mystery Of Flight 902 Why Did A South Korean Jet Make a 180° Turn over the Arctic?." Time 111.18 (1978): 35
- ↑ "Рейс "KAL" # 902 по расписанию не прибыл". nvo.ng.ru (en inglés). Consultado o 2018-12-18.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Halloran, Richard (1978-04-22). "Flight of South Korean Airliner `Very Puzzling’ to U.S. Officials". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Agony of Flight 902". Washington Post (en inglés). 1978-04-24. ISSN 0190-8286. Consultado o 2018-12-18.
- ↑ Whitney, Craig R. (1978-04-30). "Soviet Frees Last 2 in Korean Plane Case". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 "Весна 1978-го. Як СРСР збив над Карелією корейський "боїнг". ФОТО". Ukrayinska Pravda. Consultado o 2018-12-18.
- ↑ Whitney, Craig R. (1978-04-22). "2 Killed on South Korean Airliner That Was Forced to Land in Soviet". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-18.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-321B HL7429 Korpijarvi Lake". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 2018-12-18.