Uxío Carré Naya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 A Coruña, España |
Morte | 28 de agosto de 1936 (20/21 anos) Elviña, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, mestre |
Familia | |
Pai | Uxío Carré Alvarellos |
Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado en Elviña o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Uxío Carré Alvarellos (e neto de Uxío Carré Aldao), participou na vida política da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudos de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Despois foi asesor da UGT da Coruña en diversos conflitos e chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia. Foi asasinado en Elviña o 28 de agosto de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Lamela García, L. (2002). A Coruña, 1936: memoria convulsa de una represión, p. 52. Ediciós do Castro.