Ultra Mono
Ultra Mono | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Idles | ||||
Publicado | 25 de setembro de 2020 | |||
Gravación | 2019 | |||
Estudio(s) | La Frette, La Frette-sur-Seine | |||
Duración | 42:52 | |||
Xénero(s) | post-punk, punk rock, rock industrial | |||
Selo(s) | Partisan Records | |||
Produtor | Adam Greenspan, Nick Launay | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ultra Mono é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de punk rock Idles, publicado o 25 de setembro de 2020 a través do selo Partisan Records. Seguindo a liña do seu traballo anterior, Joy as an Act of Resistance, o disco explora temas como o clima sociopolítico actual, a loita de clases, a saúde mental e a masculinidade tóxica, ademais de falar sobre os aspectos positivos e negativos da recente fama do grupo.
O disco foi apoiado por cinco sinxelos, o primeiro dos cales foi o sinxelo promocional "Mr. Motivator", editado o 19 de maio de 2020. Seguíronlle o sinxelo principal "Grounds" o día 16 de xuño, "A Hymn" o 14 de xullo, "Model Village" o 11 de agosto, e "War", que coincidiu co lanzamento do disco. Para continuar coa promoción do traballo a banda programou unha xira que comezará en abril de 2021, cunha serie de concertos íntimos en tendas por todo o Reino Unido,[1] ademais de actuacións máis grandes no Reino Unido e Irlanda entre maio e xuño.[2]
Antecedentes e produción
[editar | editar a fonte]Tras o lanzamento e oéxito do seu álbum de 2018 Joy as an Act of Resistance, Idles logrou a atención do gran público e xirou extensamente para promocionalo. A banda confirmou a través dunha mensaxe en Instagram en xaneiro de 2019 que estaban compoñendo novos temas, estreando en marzo unha nova canción chamada "Grounds", durante un concerto exclusivo para Dr. Martens.[3][4] A canción apareceu novamente no setlist da súa xira polo Reino Unido en decembro de 2019, e tocárona na súa actuación no Alexandra Palace, onde tamén estrearon dúas novas cancións: "War" e "Danke".[5]
Nunha entrevista para DIY tras o anuncio do álbum en xuño de 2020, o cantante Joe Talbot falou sobre os temas e a inspiración detrás do álbum, dicindo: "Emocionalmente non estou curado, estou curando e iso é o que aparece no disco. Polo tanto este vai sobre procesar e atopar formas pragmáticas de seguir adiante, e dende a túa reacción a ese trauma constrúes algo conciso e fermoso (...) tdas as cancións son proxeccións de procesos internos, non predico nin lle digo aninguén que facer. Amósolle á xente o que eu fago para converterme nunha mellor persoa a longo prazo - non, non mellor, pero si nunha persoa máis produtiva".[6]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Música | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "War" |
|
3:07 | ||||||
2. | "Grounds" |
|
3:08 | ||||||
3. | "Mr. Motivator" |
|
3:16 | ||||||
4. | "Anxiety" |
|
2:59 | ||||||
5. | "Kill Them With Kindness" |
|
3:49 | ||||||
6. | "Model Village" |
|
3:55 | ||||||
7. | "Ne Touche Pas Moi" |
|
2:34 | ||||||
8. | "Carcinogenic" |
|
3:50 | ||||||
9. | "Reigns" |
|
4:02 | ||||||
10. | "The Lover" |
|
3:17 | ||||||
11. | "A Hymn" |
|
5:19 | ||||||
12. | "Danke" |
|
3:24 | ||||||
42:52 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IDLES announce dates for intimate 2021 UK instore tour". NME (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "IDLES Announce 2021 UK And Ireland Headline Tour". Kerrang!. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ April 4, Tyler Henderson; Pm, 2019 at 11:05 (2019-04-01). "DM'S BOOT ROOM: IDLES". Dr. Martens Blog (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "IDLES Setlist at Dr. Martens Boot Room, London". setlist.fm (en inglés). Consultado o 2020-10-15.
- ↑ "Watch Idles play defiant new track 'Grounds' at massive Ally Pally show". NME (en inglés). 2019-12-09. Consultado o 2020-10-15.
- ↑ Subscribe. "IDLES confirm third album 'Ultra Mono'". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-10-15.