Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

UEFA Futsal Champions League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaUEFA Futsal Champions League
Tipofutsal competition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes56 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2001 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutonoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAssociació Esportiva Manacor (1º)
(2023)
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosInter Fútbol Sala (5) Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: uefafutsalchampionsleague Twitter: uefafutsal Instagram: uefafutsal Editar o valor en Wikidata

A UEFA Futsal Chamapions League (antigamente chamada UEFA Futsal Cup) é a máxima competición continental de fútbol sala a nivel de clubs en Europa. Nela compiten os campións das 48 ligas europeas, así como o campión da edición anterior. O equipo gañador é considerado o campión de Europa. O torneo foi creado en 2001 pola UEFA para substituír o non oficial Campionato de Europa de Clubs, que fora creado en 1984 de xeito independente polas propias ligas europeas á marxe da UEFA.

Na edición 2011-12 o formato da competición foi o seguinte:

  • Rolda previa. Dos 49 equipos participantes, os 28 correspondentes ás ligas nacionais cunha inferior puntuación na clasificación da UEFA, tiveron que disputar unha rolda previa. Esta rolda previa consistiu en 7 grupos de 4 equipos que xogaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal os 7 equipos que se clasificaron en primeira posición, acadaron o pase para a seguinte rolda.
  • Rolda principal. Os 7 equipos clasificados dende a rolda previa, e os outros 17 equipos clasificados directamente para a rolda principal, foron repartidos en 6 grupos de 4 equipos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a seguinte rolda os 2 primeiros clasificados de cada grupo.
  • Rolda Elite. A esta rolda chegaron os 12 equipos clasificados dende a rolda principal, e os 4 equipos clasificados directamente, que son os 4 equipos correspondentes ás 4 ligas punteiras na clasificación na UEFA. Estes 16 equipos foron de novo divididos en 4 grupos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a Final Four os líderes de cada grupo.
  • Final a catro. Nun mesmo fin de semana disputáronse as dúas semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a gran final, nun mesmo pavillón.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

O palmarés da UEFA Futsal Champions League está dominado polos clubs da LNFS española, que saíron campións en 6 das 12 edicións. O Inter FS é o club máis laureado do continente, con 3 títulos e 2 subcampionatos.

Finais da UEFA Futsal Champions League (torneo oficial)
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2018/19 Portugal Sporting CP 2-1 Kairat Almaty FC
2017/18 España Inter FS 5-2 Portugal Sporting CP
2016/17 España Inter FS 7-0 Portugal Sporting CP
2015/16 Ugra Yugorsk 4-3 España Inter FS
2014/15 Kairat Almaty FC 3-2 España FC Barcelona Futsal
2013/14 España FC Barcelona Futsal 5-2 MFK Dinamo Moscova
2012/13 Kairat Almaty FC 4-3 MFK Dinamo Moscova
2011/12 España FC Barcelona Futsal 3-1 MFK Dinamo Moscova
2010/11 Italia Città di Montesilvano 5-2 Portugal Sporting CP
2009/10 Portugal SL Benfica 3-2 España Inter FS
2008/09 España Inter FS 5-1 MFK Viz-Sinara
2007/08 MFK Viz-Sinara 4-4 P. España El Pozo Murcia
2006/07 MFK Dinamo Moscova 2-1 España Inter FS
2005/06 España Inter FS 6-3 e 4-3 MFK Dinamo Moscova
2004/05 Bélxica Action 21 Charleroi 4-3 e 6-6 MFK Dinamo Moscova
2003/04 España Inter FS 4-1 e 4-3 Portugal SL Benfica
2002/03 España Playas de Castellón FS 1-1 e 6-4 Bélxica Action 21 Charleroi
2001/02 España Playas de Castellón FS 5-1 Bélxica Action 21 Charleroi

Malia que a UEFA non recoñece como oficiais as edicións disputadas antes do ano 2002, moitos clubs engaden no seu palmarés os títulos acadados no antigo Campionato de Europa de Clubs, que daquela organizaban as propias ligas europeas. Naquela competición salientou por riba doutros clubs o MFK Dina Moscova, que deixou constancia do seu gran nivel disputando 5 finais, das que gañou 3.

Finais do Campionato de Europa de Clubs (torneo non oficial)
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2000/01 España Playas de Castellón FS 4-2 MFK Dina Moscova
1999/00 España Caja Segovia FS 4-1 Italia Gruppo Sportivo BNL
1998/99 MFK Dina Moscova 2-1 Italia SS Lazio
1997/98 España CLM Talavera 3-3 P. MFK Dina Moscova
1996/97 MFK Dina Moscova 2-2 P. Italia Gruppo Sportivo BNL
1995/96 Italia Gruppo Sportivo BNL 5-4 España AD Super Sego FS
1994/95 MFK Dina Moscova 6-5 España Maspalomas FS
1993/94 España Marsanz Torrejón FS 11-3 Croacia MNK Uspinjača Zagreb
1992/93 - Non se disputou -
1991/92 - Non se disputou -
1990/91 España Inter FS 7-0 Portugal AR Freixieiro
1989/90 Italia Roma RCB 2-1 España La Garriga FS
1988/89 Iugoslavia MNK Uspinjača Zagreb 3-0 Iugoslavia MNK Kutina
1987/88 Bélxica ZVK Ford Genk 3-0 Países Baixos FC Kras Boys
1986/87 Dinamarca Næstved IF 7-0 Bélxica ZVK Hasselt
1985/86 Países Baixos Drei Keuninge 3-3 P. Bélxica ZVK Hasselt
1984/85 Bélxica ZVC Hoboken 3-3 P. Países Baixos FC Kras Boys

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]