Traballo doméstico
Aparencia
O traballo doméstico ou traballo do fogar é todo traballo, remunerado ou non, realizado no ámbito do fogar, desde os actos organizativos dunha casa ou propiedade até a realización de cada unha das actividades domésticas, incluíndo cociñar, limpar, facer a coada ou reparar danos.[1]
A persoa que realiza este traballo de forma remunerada é denominada traballador ou traballadora doméstica, mentres a persoa que o fai sen unha retribución formal adoita ser denominada ama ou amo de casa.
Na maior parte do mundo, a maioría do traballo doméstico, tanto remunerado como o que non, é realizado por mulleres.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zelizer. Vidas económicas: Cómo la cultura da forma a la economía (en castelán). Centro de Investigaciones Sociológicas. ISBN 9788474766950.
- ↑ Trabajo Doméstico y de Cuidados No Remunerado. ONU Mujeres. 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |