Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tibasosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTibasosa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°44′53″N 72°59′56″O / 5.7481, -72.9989
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia de Sugamuxi Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie94,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.538 m Editar o valor en Wikidata
Creación19 de decembro de 1778 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtibasosa-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Tibasosa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa no centro-leste de Colombia, na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 12 463 habitantes. Tibasosa forma parte da provincia do Sugamuxi.

No eido económico, salienta como un dos principais produtores da feixoa a nivel nacional, así como dos seus derivados.

O concello limita polo norte con Duitama e Santa Rosa de Viterbo, polo leste con Nobsa e Sogamoso, polo oeste con Paipa e polo sur con Firavitoba.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Tibasosa deriva da lingua muisca e quere dicir "xefe do dominio".[1]

  1. (en castelán) Etymology Tibasosa - Excelsio.net

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]