The Shining
The Shining | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Shining |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | Robert Fryer Jan Harlan Mary Lea Johnson Stanley Kubrick Martin Richards |
Guión | Stanley Kubrick Diane Johnson |
Baseado en | The Shining de Stephen King |
Intérpretes | Jack Nicholson Shelley Duvall Danny Lloyd Scatman Crothers Barry Nelson Philip Stone Joe Turkel Lia Beldman Billie Gibson Barry Denne David Baxt Manning Redwood Kisa Burns Louise Burns Alison Coleridge Norman Gay |
Música | Wendy Carlos |
Fotografía | John Alcott |
Montaxe | Ray Lovejoy |
Estudio | Producers Circle Perrigrine Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 23 de maio de 1980 7 de novembro de 1980 |
Duración | 146 minutos (Estrea) 144 minutos (USA)[1] 119 minutos (Europa)[2] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Terror |
Orzamento | $19 000 000[3] |
Recadación | $44 400 000 (Norte América) |
Filme seguinte | Doctor Sleep |
Na rede | |
|
The Shining é un filme de terror psicolóxico producido e dirixido por Stanley Kubrick que se estreou en 1980. Foi coescrito polo novelista Diane Johnson e baséase na novela homónima de Stephen King The Shining, malia que a historia difire en varios aspectos.[4] Está protagonizado por Jack Nicholson, Shelley Duvall, Danny Lloyd e Scatman Crothers.
No filme, Jack Torrance, un escritor e ex-alcohólico, consegue un traballo como vixilante fóra de tempada no illado Hotel Overlook. O seu fillo posúe poderes psíquicos e é quen de ver cousas do pasado e do futuro, como as pantasmas de persoas que habitaron no hotel. Pouco despois de chegar, a familia queda atrapada no hotel por unha xistra, e Jack vaise vendo influenciado por unha presenza sobrenatural, volvéndose tolo pouco a pouco, e ó cabo tenta asasinar a súa familia.
Ó contrario que os filmes previos de Kubrick, que se difundiron no público a través do boca a boca, The Shining foi lanzado coma un filme de mercado masivo, estreándose primeiro só en dúas cidades no Memorial Day, e un mes despois a nivel nacional.[5] Malia que a resposta inicial do filme foi variada, a crítica acabou sendo moi favorable e hoxe está considerado entre un dos mellores filmes de terror, e entre algúns está considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos. O director de cine Martin Scorsese, escribindo para o The Daily Beast, clasificouno como un dos 11 filmes máis arrepiantes de toda a historia.[6] Os críticos, os estudantes de cine e o produtor de Kubrick Jan Harlan, subliñaron a súa enorme influencia na cultura popular.[7][8][9]
A primeira estrea europea de The Shining era 25 minutos máis curta que a versión americana, xa que se eliminaron moitas das escenas que tiñan lugar nos exteriores do hotel.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jack Torrance trasládase coa súa muller e o seu fillo de sete anos ó hotel Overlook, en Colorado, para encargarse do mantemento das instalacións durante a tempada de inverno, época na que resta pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é atopar paz e sosego para escribir unha novela. Pero pouco despois da súa chegada ó hotel, ó mesmo tempo que Jack comeza a padecer desconcertantes trastornos de personalidade, comezan a producirse fenómenos paranormais relacionados cos anteriores vixilantes do hotel.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Nicholson como Jack Torrance
- Shelley Duvall como Wendy Torrance
- Danny Lloyd como Danny Torrance
- Scatman Crothers como Dick Hallorann
- Barry Nelson como Stuart Ullman
- Philip Stone como Delbert Grady
- Tony Burton como Larry Durkin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "THE SHINING". Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "THE SHINING". Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Kubrick v. King" Arquivado 10 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.. TheIntellectualDevotional.com. 29 de outubro de 2008.
- ↑ LoBrutto, Vincent. Stanley Kubrick: A Biography, p. 449
- ↑ Martin Scorsese (28 de outubro de 2009). The Daily Beast, ed. "11 Scariest Horror Movies of All Time". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ Thehollywoodprojects.com, ed. (26 de xullo de 2010). "Kubrick #3 – The Shining (1980) The Hollywood Projects". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011.
- ↑ Public.iastate.edu (ed.). "Brent Wiese". Consultado o 20 de setembro de 2010.
- ↑ My Movie Mundo (28 de febreiro de 2010). My Movie Mundo, ed. "Jan Harlan (producer) – The Shining, Eyes Wide Shut, etc". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Shining |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Shining na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1980
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Stanley Kubrick
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Elstree Studios
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Oregón
- Filmes rodados en Colorado
- Filmes ambientados en Colorado
- Filmes sobre alcoholismo
- Filmes sobre escritores
- Filmes sobre pantasmas
- Filmes de terror psicolóxico
- Filmes baseados en obras de Stephen King
- Filmes sobre violencia doméstica
- Filmes preservados no National Film Registry