Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Teodosio II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeodosio II

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Theodosius Iunior Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Flavius Theodosius Editar o valor en Wikidata
10 de abril de 401 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 450 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
1 de maio de 408 – 28 de xullo de 450
← ArcadioMarciano →
Emperador romano
xaneiro de 402 (Gregoriano) – 28 de xullo de 450 (Gregoriano)
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Imperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosaJuly 29 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAélia Eudócia (421–) Editar o valor en Wikidata
FillosLicínia Eudóxia Editar o valor en Wikidata
PaisArcadio Editar o valor en Wikidata  e Elia Eudocia Editar o valor en Wikidata
IrmánsArcádia
Pulqueria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Yuzhakov Big Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Of_Rome-67
Busto de Teodosio II.

Flavius Theodosius, coñecido como Teodosio II, nado o 10 de abril do 401 e finado o 28 de xullo de 450, foi o fillo máis vello de Eudoxia e de Arcadio, á idade de 7 anos converteuse en emperador romano de Oriente, gobernando desde o 408 ao 450. Primeiro o goberno estivo en mans de Antemio, prefecto pretorio de oriente, que xa gobernara durante o reinado de seu pai, pero a partir do 414 Teodosio viuse influenciado pola súa irmá máis vella, Pulqueria, que o levou a un cristianismo intransixente e á persecución de xudeus e pagáns.

Casou con Atenais no ano 421, filla dun sofista pagán, que tivo que bautizarse antes de casar co emperador. Cambiou o seu nome para Eudocia Aelia. Con ela tivo unha filla, chamada Licinia Eudoxia, que casou con Valentiniano III, emperador Romano de Occidente.

Durante o reinado de Teodosio apareceu o nestorianismo e os primeiros problemas graves de relixión, que afectarían fortemente ao imperio no futuro próximo e a longo prazo. os seus exércitos rexeitaron invasións persas, pero foi derrotado por Atila o huno, a quen debeu tributar. Tamén creou a Universidade de Constantinopla.

Faleceu inesperadamente en 450, produto dun accidente ecuestre.

O Código de Teodosio

[editar | editar a fonte]

En 429 Teodosio creou unha comisión para sintetizar e aclarar tódalas leis existentes desde o reinado de Constantino e crear un sistema legal completamente formalizado. Este plan quedou incompleto, pero unha segunda comisión, que recolleu toda a lexislación existente, si se completou e a súa colección publicouse como o Codex Theodosianus no 438.

Imperio Bizantino

Segue a:
Arcadio
Teodosio II
Precede a:
Marciano
Dinastía Valentiniana-Teodosiana