Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tardígrados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tardigrada»)
Tardígrados
Rango fósil: Cámbrico - Recente[1]

Hypsibius dujardini nunha imaxe de microscopio electrónico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Tardigrada
Spallanzani, 1777
Clases
  • Eutardigrada
  • Heterotardigrada
  • Mesotardigrada

Os Tardígrados ou Tardígrada (que significa de paso lento) constitúen un filo de invertebrados protóstomos segmentados microscópicos (de 0,1 a 1,2 mm) que viven en varios medios: uns poucos son mariños e viven entre as areas da zona litoral ou incluso en zonas abisais, outros viven en auga doce, máis a maioría son semiacuáticos e viven adheridos a brións, liques, ou hepáticas. A súa forma é repoluda, presentando 8 patas coas que se move con gran lentitude. O zoólogo alemá Goeze os chamou Kleine Wasser-Bären que en lingua alemá significa osos de auga debido a súa forma de moverse.

Coñecense case 1.000 especies de tardígrados.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan simetría bilateral. O corpo é moi pequeno, con catro segmentos que ten cada un un par de apéndices rematados nunhas unllas. Posúe máis de dúas capas de células, tecidos e órganos. A cavidade do corpo deriva do blastocele polo que é un pseudocele. Corpo monómero.

A maioría ten uns órganos chupadores cuns estiletes que perforan as células das que se alimentan. O alimento líquido entra na boca que se abre nunha curta cavidade bucal e que continúa cunha farinxe tubular chupadora que é o lugar onde se gardan os estiletes nunhas vaíñas. O alimento continúa polo esófago e chega ao estómago. Logo segue un curto intestino que abre ao exterior por un ano situado na rexión ventral.

Teñen 4 pares de patas rematadas en garras e unidas a 5 ou 6 pares de fibras musculares que permiten darlle un número limitado de movementos.

Presentan un número fixo de células o cal é unha característica que os achega aos pseudocelomados.

Carecen dun verdadeiro sistema circulatorio e respiratorio. En condicións de escaseza de osíxeno inchan resistindo neste estado varios días.

A excreción non é ben coñecida. Algúns parecen depositar os refugallos na cutícula e o animal os desprende cando fai a muda.

Ao ter unha cutícula externa ríxida, teñen que facer periodicamente unha muda para desprenderse dela e xerar outra nova, aumentando así o seu tamaño corporal. Adoitan mudar 5 ou 6 veces ao longo da súa vida.

A reprodución sexual é por sexos separados, pero en ocasións poden ser partenoxenéticos xa que ás veces os machos son moi escasos.

Pasan gran parte da súa vida deshidratados en criptobiose, pero en canto reciben auga inchan e vólvense activos.

A maioría son herbívoros, aliméntase de plantas pequenas, e en ocasións son carnívoros atacando animais de pequeno porte.

  1. Budd, G.E. (2001). "Tardigrades as 'stem-group arthropods': the evidence from the Cambrian fauna". Zool. Anz 240 (3–4): 265–279. doi:10.1078/0044-5231-00034. 
  2. "Chapman, A.D. 2007. Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services, Toowoomba, Australia. ISBN (online) 978 0 642 56850 2". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 18 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 478–481 ISBN 84-368-0316-7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]