Tomeza, Pontevedra
Tomeza | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Tomeza. | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′08″N 8°37′32″O / 42.40222222, -8.62555556 |
Área | 4,23 km² |
Poboación | 1.000 hab. (2017) |
Densidade | 236,41 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu. A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.
Historia
[editar | editar a fonte]No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.
Festas e Romarías
[editar | editar a fonte]A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.
As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.
A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra [Cómpre referencia].
O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Capela de San Cibrán.
-
Monumento aos canteiros.
-
Lavadoiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tomeza
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra | |
---|---|
O Alcouce | A Carballa | O Casal do Río | Lusquiños | O Marco | O Pobo | O Pombal | Pumariño | San Pedro | A Valadiña |