Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tower Hamlets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tower Hamlets
Mapa
Situación dentro do Gran Londres
Información
Estado Reino Unido
País Inglaterra
Condado Gran Londres
Capital Clove Crescent, Blackwall
Superficie 19,77 km2
Poboación 220.500 (est. 2008)
Densidade 5.749 h/km²
Alcalde Helal Abbas (Partido Laborista)
Web oficial de Tower Hamlets
Mercado nocturno de Whitechapel.

Tower Hamlets é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao leste do distrito da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. Ocupa boa parte do tradicionalmente coñecido como East End. Inclúe tamén unha ampla extensión da vella zona industrial dos Docklands, reconvertida hoxe en zona comercial e financeira. Moitos dos edificios máis altos de Londres[1] están situados na Isle of Dogs e Canary Wharf, no sur do distrito.

Tower Hamlets foi un dos cinco distritos de Londres designados para acoller os Xogos Olímpicos de verán que se celebraron na cidade en 2012.