Té branco
O té branco é un té de cor clara, que se prepara cos abrochos novos da planta, unha vez secos, sen sometelos a fermentación[1] polo que non sofren efectos de oxidación; os botóns poden estar protexidos da luz do sol para previr a formación de clorofila.
O té branco contén presuntamente propiedades que superan o té verde na prevención do cancro do colon e maior cantidade de antioxidantes que outros tés. En experiencias feitas por investigadores do Linus Pauling Institute da Universidade do Estado de Oregón, ao testaren as capacidades dos dous tipos de té en previr o desenvolvemento dos pólipos do colon, o té branco revelouse un 10% máis eficaz.
Entre todos os tés, o branco é o que presenta maior concentración de polifenois, entre outros antioxidantes. Esas substancias axudan a neutralizar os radicais libres, responsábeis do envellecemento celular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA., 2012, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Té branco |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Bai Hao Yinzhen, un té branco famoso
- Té matcha