Wild at Heart (filme)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Wild at Heart | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wild at Heart |
Director | David Lynch |
Produtor | Steve Golin Monty Montgomery Sigurjon Sighvatsson |
Guión | David Lynch |
Intérpretes | Nicolas Cage Laura Dern |
Música | Angelo Badalamenti |
Fotografía | Frederick Elmes |
Montaxe | Duwayne Dunham |
Distribuidora | The Samuel Goldwyn Company |
Estrea | Francia, maio de 1990 (estrea en Cannes) Estados Unidos, 7 de agosto, 1990 |
Duración | 124 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Road movie |
Orzamento | $10,000,000 (estimado) |
Na rede | |
Wild at Heart é un filme estadounidense de 1990 escrito e dirixido por David Lynch, e baseado na novela pulp Wild at Heart: The Story of Sailor and Lula de Barry Gifford. A historia do libro, máis da película, xira arredor de Sailor Ripley (Nicolas Cage) e Lula Pace Fortune (Laura Dern), unha parella de Cape Fear que decide fuxir da nai (Diana Ladd) da rapaza, dominante e sobreprotectora con ela. Como resultado dos plans da nai, a historia vólvese complicada.
Lynch ía orixinalmente producir o filme, mais despois de ler o libro de Gifford decide tamén escribilo guión e dirixila adaptación cinematográfica. Ao cineasta non lle gustaba o final da novela, co fin de manter a súa visión sobre os personaxes principais. Wild at Heart é unha road movie, con momentos estrambóticos, case sobrenaturais e con violencia sen sentido.
As proxeccións anticipadas da película non tiveron moito éxito; Lynch estimou en 80 persoas viran a primeira proxección anticipada e unhas cen a seguinte. O filme recibiu críticas negativas, aínda que obtivo un éxito moderado nos portelos dos Estados Unidos, engrosando 14 millóns de dólares estadounidenses, sobre os dez millóns de orzamento inicial. O filme gañou a Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes de 1990, e ademais, Diana Ladd foi nomeada para a mellor actriz secundaria para os Premios Oscar e os Globos de Ouro.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os namorados Lula (Dern) e Sailor (Cage) son separados pois el ten que cumprir prisión despois de matar – en defensa propia – un home que o intentara matar cun coitelo. O sicario fora contratado pola nai de Lula, Marietta Fortune (Ladd). Á saída de Sailor do cárcere, Lula recólleo e entrégalle a súa chaqueta de pel de cobra que el acepta felizmente. Logo diríxense a un hotel onde ela reservara unha habitación, fixeron o amor e foron ver ao grupo musical de heavy metal Powermad. Mentres están bailando, un home que está no bar comeza a bailar con Lula e a facerlle as beiras. Sailor fai parar á banda e ordénalle ao home que lle pida perdón. Despois Sailor ponse a cantar "Love Me" de Elvis canda os músicos. Máis tarde, volven ao hotel, e despois de ter sexo outra vez, Sailor e Lula deciden escapar cara California, incumprindo a liberdade condicional. A nai de Lula contrata a un detective privado, Johnnie Farragut (Harry Dean Stanton), para que os encontre e os traia de volta. El acepta pois está namorado da nai. Esta, por detrás do detective, tamén contrata ao gangster Marcelles Santos (J.E. Freeman) para que os siga, e elimine a Sailor.
Descoñecendo todo o que está acontecendo en Carolina do Sur, os dous seguen o seu camiño, até que – segundo Lula – presencian o que sería un mal presaxio: un accidente de dous coches, na que a única supervivente, unha rapaza nova (Sherilyn Fenn), morre fronte a eles. Con pouco diñeiro, Sailor decide ir a Big Tuna, Texas, onde el coñece a unha vella amiga que debería ser capaz de axudarlles. Despois, mentres Sailor decide unirse con Bobby Peru (Willem Dafoe) para cometer un atraco, Lula espera por el nunha habitación dun hotel, sentíndose enferma e esperando mellores tempo. Lula permítelle a Bobby entrar na súa habitación mentres Sailor está fóra, e tenta violar a Lula, mais no último momento rise e vaise. O día do atraco chega e non saíu nada parecido ao que se tiña pensado facer. Bobby dispáralle innecesariamente aos dependentes do lugar do roubo, e Sailor decátase de que arma que tiña non estaba cargada. Logo Bobby admite que fora contratado para matalo, e este intenta escapar. Fóra achábase un sheriff que escoitara disparos, e que acaba enchendo de chumbo o corpo de Bobby, caendo sobre a escopeta que portaba, que se acciona, e lle fai voar os miolos, literalmente, polo aire. Sailor é arrestado e condenado a cinco anos de cárcere.
Mentres Sailor cumpre a condena, Lula ten un fillo, e á súa saída, decide ir recollelo canda o seu fillo. Cando o recolle no coche, el da a entender que non pode estar con eles, pois non é bo e pódelles facer mal a súa presenza. Despois de andar unha curta distancia, atopa unha grupo de homes asiáticos que o rodean. Trátaos con bravura e insúltaos, e é golpeado e derrubado no chan. Mentres se atopa inconsciente, olla unha revelación de Glinda, a Bruxa Boa (Sheryl Lee), que lle di que non se renda no amor (esta é unha das alusións que a película ten con respecto a O Mago de Oz). Logo érguese, perdóase aos homes que insultara e dilles que se acababa de dar de conta de moitas cousas importantes, berra o nome de Lula e bótase a correr. Como hai un atasco de tráfico, ponse a correr sobre as bacas e os capós dos coches até que chega ao coche onde estaba Lula e mais o fillo. Co remate do filme, Sailor cántalle "Love Me Tender" a Lula, sobre o capó do auto, mentres pasan os créditos.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Nicolas Cage como Sailor Ripley: o actor describiu o seu personaxe como "unha especie de foraxido romántico do sur".
- Laura Dern como Lula Pace Fortune.
- Diane Ladd como Marietta Fortune: a nai sobreprotectora de Lula, que quere prohibir a relación de Lula e Sailor, principalmente polo desprezo que lle ten a Sailor. Ladd e Dern son nai e filla na vida real.
Personaxes secundarios
[editar | editar a fonte]- Harry Dean Stanton como Johnnie Farragut: un detective privado e noivo de Marietta.
- J.E. Freeman como Marcellus Santos: un gangster e outro noivo de Marietta.
- William Morgan Sheppard como Mr. Reindeer: un xefe mafioso misterioso aliado con Santos.
- Willem Dafoe como Bobby Peru: un criminal contratado por Mr. Reindeer para matar a Sailor.
- Crispin Glover como prima Dell: prima enferma mental de Lula.
- Grace Zabriskie como Juana Durango: unha criminal que traballa con Mr. Reindeer.
- Isabella Rossellini como Perdita Durango: unha criminal que unha vez traballou con Sailor e é agora compañeira de Bobby Peru.
- Sherilyn Fenn é a muller do accidente do coche.
- Sheryl Lee como A Bruxa Boa: que lle aparece a Sailor nunha visión, que lle di que non se renda no amor.
- Jack Nance como 00 Spool: un científico tolo.
- John Lurie como Sparky: un dos asociados de Bobby Peru.