Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Won surcoreano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Won surcoreano
대한민국 원 en coreano
Código:KRW
Ámbito: Corea do Sur
Símbolo:
Fracción:100 jeon
Moedas:₩1, ₩5, ₩10, ₩50, ₩100 e ₩500
Billetes:₩1 000, ₩2 000, ₩5 000, ₩10 000 e ₩50 000
Emisor:Banco de Corea
Taxa de troco:
24/2/2021
1 EUR = 1347,55 KRW
1 USD = 1107,21 KRW

O won surcoreano (en coreano: 대한민국 원, Daehan Minguk weon), ou simplemente won (원), é a moeda oficial de Corea do Sur. Divídese en 100 jeon, aínda que non existen moedas con esta denominación. O seu código ISO 4217 é KRW e o seu símbolo ₩.

Antes de 1910, o won era a moeda oficial do Imperio de Corea. Durante a ocupación xaponesa, o won sustituíuse polo ien coreano, o cal estaba á par co ien xaponés.

En 1945, despois da segunda guerra mundial, Corea dividiuse en dous estados, resultando en dúas moedas diferentes, ambas chamadas won. O surcoreano fixouse inicialmente ao dólar estadounidense a unha taxa de cambio de 1 USD = 15 won. Posteriormente houbo unha serie de devaluacións seguidas, en parte a causa da guerra de Corea.

A causa da rápida desvalorización do won, o 15 de febreiro de 1953 foi substituído polo hwan, cunha taxa de 1 hwan = 100 won.

O won sería novamente reintroducido o 10 de xuño de 1962, cunha taxa de 1 won = 10 hwan. O 4 de decembro de 1997 firmouse un acordo co Fondo Monetario Internacional para permitir a súa libre flutuación no mercado. Pouco tempo despois, debido á crise financeira asiática, foise devaluando ata case a metade do seu valor, ao igual que outras divisas do continente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]