Século de Ouro
O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa.
Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave :
- 1492, coa publicacion da Gramática castelá de Antonio de Nebrija, que inicia o período
- 1681, coa morte de Pedro Calderón de la Barca, que sinala o esmorecemento dos séculos dourados.
O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.
O cadro deste período
[editar | editar a fonte]O Século de ouro español correspondelle á época na cal a economía e a política da España se estenden polo mundo. Xeralmente iniciase co ano 1492, ano de tres destacados sucesos: o final da Reconquista, a primeira viaxe ao Novo Mundo de Cristovo Colón e a publicación da Gramática de Nebrija. O período acábase despois da independencia das Provincias Unidas fronte á España dos Habsburgo, recoñecida en 1648.
É un período de vitalidade arística extraordinaria na España e nos países castelanfalantes do Novo Mundo. Na historia da Arte o período é asimilado ao Renacemento español. Esta vitalidade atópase tamén nos países castelanfalantes de América latina. Juana Inés da Cruz, o último grande escritor desta idade de ouro morre en Nova España no 1695. Na literatura e nas artes identifícase o Século de ouro, nos seus aspectos culturais co século XVII.
Escritores do Século de Ouro
[editar | editar a fonte]- Hernando de Acuña
- Baltasar del Alcázar
- Francisco de Aldana
- Francisco Avellaneda
- Luis Barahona de Soto
- Gabriel Bocángel
- Cristóbal de Castillejo
- Alonso de Castillo Solórzano
- Guillén de Castro
- Miguel de Cervantes Saavedra
- Pedro Calderón de la Barca
- Juan de la Cueva
- Juan Bautista Diamante
- Alonso de Ercilla
- Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés
- Luis de Góngora
- Baltasar Gracián
- Fernando de Herrera
- Diego Hurtado de Mendoza
- Juan de Jáuregui
- Lope de Vega
- Juan López de Hoyos
- Frei Luis de León
- Juan de Mal Lara
- Francisco de Medrano
- Tirso de Molina
- Agustín Moreto
- Cristóbal Mosquera de Figueroa
- Pedro de Padilla
- Juan Pérez de Montalbán
- Francisco de Quevedo
- Andrés Rey de Artieda
- Sebastián Rodríguez de Villaviciosa
- Francisco de Rojas Zorrilla
- Juan Ruiz de Alarcón y Mendoza
- Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa
- Garcilaso de la Vega
- Juan Vélez de Guevara
- Luis Vélez de Guevara
- Gil Vicente, autor portugués cuxa influencia sobre o teatro foi tan importante nesa época que se inclúe moitas veces neste período español
- Conde de Villamediana
- Cristóbal de Virués
- Juan de Zabaleta
Pintores do Século de Ouro
[editar | editar a fonte]- El Greco (Doménikos Théotokopoulos)
- Francisco Herrera el Viejo
- Bartolomé Esteban Murillo
- José de Ribera
- Diego Velázquez
- Francisco de Zurbarán
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As lanzas ou A rendición de Breda de Diego Velázquez, no museo do Prado en Madrid.
-
Mosteiro real El Escorial feito baixo Filipe II.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século de Ouro |