Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ruth Rendell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRuth Rendell

(1985) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 2015 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
24 de outubro de 1997 – 2 de maio de 2015 (finado no cargo)
Xuíza do Premio Booker
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuffolk
Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, escritora, guionista, novelista, autora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFicção policial (pt) Traducir e mistério (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioBarbara Vine Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDonald John Rendell (1950–) Editar o valor en Wikidata
FillosSimon Arthur Charles Rendell Editar o valor en Wikidata
PaisArthur Grasemann Editar o valor en Wikidata  e Ebba Elise Kruse Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, link=https://www.obalkyknih.cz/view_auth?auth_id=jn19990006954, https://www.obalkyknih.cz/view_auth?auth_id=jo2009524699 Editar o valor en Wikidata
Páxina webliterature.britishcouncil.org… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0719334 Allocine: 65718 Allmovie: p218331
BNE: XX864899 Dialnet: 3942517 Musicbrainz: eeb4d913-9be0-4c70-9952-34d4a6d4be25 Discogs: 1408909 WikiTree: Grasemann-1 Find a Grave: 145915199 Editar o valor en Wikidata
Escudo de armas de Ruth Rendell

Ruth Barbara Rendell, Baronesa Rendell de Babergh,[1] CBE, nada como Ruth Barbara Grasemann en Londres o 17 de febreiro de 1930 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 2015,[2] foi unha escritora británica, autora de obras de misterio e psicoloxía criminal,[3] chamada en ocasións a "Raíña do Crime". Escribiu tamén baixo o pseudónimo Barbara Vine.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rendell naceu en South Woodford, Essex (actualmente Gran Londres).[4] Os seus pais eran profesores. A súa nai, Ebba Kruse, naceu en Suecia de pais dinamarqueses e criouse en Dinamarca; o seu pai, Arthur Grasemann, era inglés. Como resultado de pasar o Nadal e outras vacacións en Escandinavia, Rendell aprendeu sueco e dinamarqués.[5] Rematou os seus estudos secundarios no Loughton County High School, en Essex.

Deu entón inicio a unha carreira no xornalismo,[4] traballando como reporteira e subeditora en diversos xornais rexionais. En 1950 casou co seu colega Don Rendell. En 1953 tiveron o seu único fillo, Simon.[6] A parella divorciouse en 1975 mais volveu casar dous anos despois.[7] Don Rendell faleceu en 1999 por mor dun cancro de próstata.[6]

Ao quedar embarazada, Rendell abandonou o traballo para ficar na casa. Pasaron preto de dez anos durante os que Ruth Rendell empregaba o seu tempo libre experimentando coa escritura, tentando varios xéneros literarios ata decidirse pola novela policíaca. Así, publicou o seu primeiro libro en 1964, co título From Doon With Death. Nesta novela, a escritora presentou o Inspector Reginald Wexford,[8] detective da pequena localidade de Kingsmarkham, personaxe que obtivo dende o principio gran popularidade. Continuaron moitos outros volumes, entre os que estaban To Fear A Painted Devil (1965), Vanity Dies Hard (1966) e Wolf To The Slaughter (1967).

Durante a década de 1980 comezou a publicar novelas policíacas empregando o pseudónimo Barbara Vine para expremer a súa faceta máis psicolóxica. As obras así asinadas, constituíron un éxito de vendas bastante significativo.

Escritora prolífica, publicou preto de media centena de libros policíacos, que a crítica dividiu en tres categorías. Unha serie dedicada ao Inspector Wexford, das que destacan Kissing The Gunner's Daughter (1992) e Road Rage (1997); outra de psicoloxía patolóxica marcada sobre todo por obras como A Judgement In Stone (1977) e The Lake Of Darkness (1980); e as novelas que asinou como Barbara Vine, das que se poden salientar A Fatal Inversion (1987) e King Solomon's Carpet (1991).

Ademais de recibir varios premios literarios da especialidade, Ruth Rendell foi nomeada par vitalicio da Cámara dos Lores do Parlamento británico, como Baronesa Rendell de Babergh, de Aldeburgh no condado de Suffolk, o 24 de outubro de 1997.[9]

Rendell sufriu un ataque cardíaco o 7 de xaneiro de 2015[10] e faleceu o 2 de maio dese ano.[11]

Serie Inspector Wexford

[editar | editar a fonte]

Obras escritas baixo o pseudónimo Barbara Vine

[editar | editar a fonte]

Novelas curtas

[editar | editar a fonte]

Coleccións

[editar | editar a fonte]

Coleccións (historias longas)

[editar | editar a fonte]

Non ficción

[editar | editar a fonte]
  • Ruth Rendell's Suffolk (1989)
  • Undermining the Central Line: giving government back to the people (con Colin Ward, 1989)
  • The Reason Why: An Anthology of the Murderous Mind (1995)
  1. "Baroness Rendell of Babergh". www.parliament.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2010. Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  2. "Ruth Rendell - Biography". Encyclopedia of World Biography (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  3. Flood, Alison (1 de marzo de 2013). "Ruth Rendell: a life in writing". The Guardian. Consultado o 1 de marzo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Ruth Rendell, crime writer - obituary". 2 de maio de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2018 – vía www.telegraph.co.uk. 
  5. LibBrooks. "The Profile: Ruth Rendell". the Guardian. 
  6. 6,0 6,1 "Open and shut case: Is Ruth Rendell finally ready to open up about her puzzling personal life?". The Independent. 
  7. Brooks, Libby (3 de agosto de 2002). "Ruth Rendell Dark Lady of Whodunnits". The Guardian (Londres). Consultado o 28 de outubro de 2011. [Ligazón morta]
  8. The Oxford Companion to English Literature. Sixth edition. Ed. by Margaret Drabble. Oxford University Press, 2000, p. 847. ISBN 0-19-866244-0.
  9. "No. 54933". The London Gazette. 29 de outubro de 1997. páx. 12149.
  10. "Ruth Rendell in critical condition after stroke". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. 
  11. "Author Ruth Rendell dies aged 85". BBC News. Consultado o 2 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]