Richard Claverhouse Jebb
Aparencia
Sir Richard Claverhouse Jebb, nado en Dundee o 27 de agosto de 1841 e finado en Londres o 9 de decembro de 1905, foi un político e tradutor escocés.
Foi tamén un dos meirandes tradutores (das linguas clásicas ao inglés) da súa época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun avogado e neto dun xuíz, emprendeu unha carreira escolástica na Charterhouse School e no Trinity College, en Cambridge. Tras algúns recoñecementos convértese en profesor de grego en Glasgow do 1875 ao 1889, para despois pasar a Cambridge desde o 1889, onde permaneceu no cargo ata a súa morte. Casou en 1874 e no 1891 elíxeno membro do parlamento e foi distinguido co título de cabaleiro en 1900. Só á súa morte obtivo recoñecemento a nivel mundial.
Obras
[editar | editar a fonte]- The Characters of Theophrastus (1870).
- The Attic Orators from Antiphon to Isaeus (2ª edición en I893).
- Bentley (1882).
- Sophocles (obras) (terceira edición en 1893).
- Bacchylides (1905).
- Homer (introdución á Iliada e á Odisea) (terceira edición en 1888).
- Modern Greece (1901).
- The Growth and Influence of Classical Greek Poetry (1893).