Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Repetidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un repetidor é un dispositivo electrónico que recibe un sinal feble ou de baixo nivel e retransmíteo a unha potencia ou nivel superior, de xeito que se poidan cubrir distancias máis longas sen degradación ou cunha degradación tolerábel. O termo repetidor creouse coa telegrafía e referíase a un dispositivo electromecánico empregado para rexenerar os sinais telegráficos. O uso do termo trasladouse con posterioridade á telefonía e á transmisión de datos.