Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Renaixença

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Renaixença foi un movemento rexurdimento cultural e literario catalán que atinxe o período comprendido entre comezos de do século XIX e 1890. O seu nome nace da vontade de facer renacer o catalán como lingua de literatura e de cultura, despois de séculos de diglosia co respecto ao castelán.
Considérase, tradicionalmente, o poema La pátria (1833) de Bonaventura Carles Aribau como o comezo deste movemento e a restauración dos Jocs Florals, a imitación dos occitanos, en 1859 foi un factor importante na difusión do movemento.
O romanticismo europeo coa súa defensa da identidade nacional dos pobos baseada na historia e nos sentimentos, constitúe unha xermolo decisivo na aparición do movemento, e na súa orientación na valorización do pasado medieval catalán e na recuperación da cultura popular e tradicional, depositaria da pureza do catalán, que para a Renaixença convértese no símbolo da identidade nacional.
A Renaixença non só se limitou a Cataluña, aínda que con menor intensidade espallouse por todos os territorios de lingua catalá. En Valencia a Renaixença entrou a través da revista El Mole. Nas Baleares van ser sobre todo mallorquinos que fixeran estudos en Barcelona os que a introducen.
Autores destacados deste movemento foron Joan Maragall e Jacint Verdaguer en poesía, Àngel Guimerá en teatro e Narcís Oller e Martí Genís i Aguilar en narrativa.