Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Reciclaxe

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A reciclaxe[1] é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos.

A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) declarou o 17 de maio como o Día Internacional da Reciclaxe[2][3]

Ciclo de reciclaxe

[editar | editar a fonte]
Colectores selectivos de recollida de residuos
Ciclista que gaña a vida reciclando en Shangai

O ciclo da reciclaxe posúe varios elos como:

  • Orixe: que pode ser doméstica ou industrial.
  • Recuperación: que pode ser realizada por empresas públicas ou privadas. Consiste unicamente na recolección e transporte dos residuos para o seguinte elo da cadea.
  • Plantas de transferencia: trátase dunha etapa voluntaria ou que non sempre se usa. Aquí mestúranse os residuos para realizar transportes maiores a menor custo (usando colectores máis grandes ou compactadores máis potentes).
  • Plantas de clasificación (ou separación): onde se clasifican os residuos e se separan.
  • Reciclador final (ou planta de valoralización): onde finalmente os residuos se reciclan (papeleiras, plastiqueiros...) ou onde se almacenan (vertedoiros) ou se usan para a produción de enerxía (cementeiras, biogás etc.)

Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:

  • Colector amarelo (envases): neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, recipientes, bolsas, bandexas de cortiza branca, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, latas de conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
  • Colector azul (papel e cartón): neste colector débense depositar os envases de cartón (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
  • Colector verde (vidro): neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
  • Colector negro (orgánico): neste bótase o resto de residuos que non vai nos grupos anteriores, fundamentalmente materia biodegradábel.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reciclaxe.
  2. "Día Mundial del Reciclaje" (en castelán). Consultado o 2024.01.22. 
  3. "Día Mundial del Reciclaje" (en castelán). Consultado o 2024.01.22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]