Raquel Rodrigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1915 A Habana, Cuba |
Morte | 18 de marzo de 2004 (89 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1932 - 1997 |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Pai | Abdón Rodríguez Santos |
Raquel Rodríguez López, coñecida artisticamente como Raquel Rodrigo, nada na Habana o 11 de marzo de 1915 e finada en Madrid o 18 de marzo de 2004, foi unha actriz e cantante cubana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do xornalista e escritor galego Abdón Rodríguez Santos, emigrado na Habana, e da cubana Marina López Rosabal. Viviu os seus primeiros anos en Porto Rico e Venezuela. Retornou Madrid coa familia en 1921. Fixo os estudos secundarios no Instituto-Escuela, ao tempo que recibiu clases de canto, danza e dicción. Ao rematar comenzou a estudar Medicina, pero abandonou a carreira para dedicarse plenamente ao teatro.
Considerada como unha das actrices máis importantes da época da República, debutou no cine en 1932 con Carceleras, de José Buchs, primeira película falada en España, que se estreou no cine Opera de Madrid o 10 de outubro de 1932.
A súa enorme popularidad débese ao personaxe de "Susana" que interpretou na película La verbena de la Paloma (1935), de Benito Perojo, xunto a Miguel Ligero Rodríguez. Con El barbero de Sevilla (1936), tamén de Perojo, rodada nos Estudios UFA de Berlín repetiu o éxito.
Logo da guerra civil española a súa carreira iniciou un declive e a pesar do éxito da revista Doña Mariquita de mi corazón e interpretar algún papel notable como o de da película Para ti es el mundo, de José Buchs, só obtivo papeies secundarios. Despois de participar nos espectáculos Te espero en el Eslava (1958) e Ven y ven al Eslava (1959) e casar en 1962, decidu abandonar a súa carreira artística.
Trece anos despois volveu actuar. Interveu en teatro en Sé infiel y no mires con quién, xunto a Pedro Osinaga e apareceu en películas como No es bueno que el hombre esté solo (1973), de Pedro Olea, El hombre que supo amar (1978), de Miguel Picazo, El robobo de la jojoya (1991), de Álvaro Sáenz de Heredia; Morirás en Chafarinas (1995), de Pedro Olea ou Familia (1996), de Fernando León de Aranoa.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Carceleras (1932).
- Odio (1933).
- Doña Francisquita (1934).
- La verbena de la Paloma (1935).
- La reina mora (1937).
- Madre Alegría (1937).
- El barbero de Sevilla (1938).
- El rey que rabió (1940).
- La nao Capitana (1947).
- La canción de la Malibrán (1951).
- El poder del deseo (1975).
- La lozana andaluza (1976).
- El hombre que supo amar (1976).
- Obsesión (1977).
- Aquí huele a muerto... (¡Pues yo no he sido!) (1990).
- Morirás en Chafarinas (1995).
- Familia (1996).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En novembro de 1995 recibiu unha homenaxe durante os actos de celebración do centenario do cine español.
- En 1996 recibiu a medalla de ouro da Academia pola súa traxectoria artística.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aguilar, Carlos; Genover, Jaume (1996). Las Estrellas de nuestro cine : 500 biofilmografías de intérpretes españoles. Madrid: Alianza. p. 552. ISBN 8420694738.