Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rafael Álvarez Alarcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Álvarez Alarcia
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1938 Editar o valor en Wikidata
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Irún (España) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1975 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Zaragoza
  Celta de Vigo

Rafael Álvarez Alarcia, nado en Santander o 18 de xullo de 1938[1], é un exfutbolista cántabro que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Santander con oito anos trasládase a Irún, onde comezou a xogar nas categorías inferiores do Real Unión de Irún. De aí pasou ao Touring de Rentería antes de fichar polo Real Oviedo, xa en Primeira División, onde xogou cinco tempadas. A finais da tempada 1966/67 ficha polo Real Zaragoza, onde militou outras tres tempadas.

En 1970 ficha polo RCD Mallorca, por aquel entón en Segunda División, porén ao ano seguinte volve a Primeira, fichando polo Celta de Vigo, onde xogaría de titular indiscutíbel os dous primeiros anos pero no seu terceiro e último ano perdería esta condición fronte ao uruguaio Aguirre, xogando so nove encontros.

Durante os seus anos en Vigo participou no debut do Celta na Copa da UEFA xogando o encontro de volta da primeira eliminatoria, na que o equipo galego quedou eliminado ante o Aberdeen FC escocés.

A súa última tempada en activo no fútbol profesional foi a 1974/75 xogando en Segunda División no Deportivo Alavés.