Rosie O'Donnell
Roseann "Rosie" O'Donnell, nada o 21 de marzo de 1962 en Commack, estado de Nova York, é unha humorista, actriz, escritora e activista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O'Donnell perdeu a súa nai durante a preadolescencia o que foi determinante na súa actividade en prol dos dereitos da infancia e apoiar ás familias. Comezou a súa carreira na adolescencia como humorista actuando en clubs e participando aos vinte anos en Star Search, un programa de televisión na procura de talentos. A súa primeira aparición nunha serie de televisión foi en Gimme a Break! en 1986 e a primeira longametraxe na que actuou foi A League of Their Own en 1992. Desde 1996 ata 2002 presentou o seu propio programa de televisión, The Rosie O'Donnell Show, co que gañou varios premios Emmy, neses anos escribiu o seu primeiro libro, unha obra de memorias titulada Find Me (2002), utilizou os tres millóns de dólares que lle deu o libro para establecer a súa propia fundación, For All Kids, e promover outros proxectos. Dous meses antes de rematar o seu programa recoñeceu que era lesbiana, declarando que dera ese paso para chamar a atención sobre a adopción por parellas homosexuais[1]. En 2006 converteuse na nova primeira moderadora do programa The View, que conduciu a controversias polos seus puntos de vista liberais e a súa forte personalidade, como a das políticas da administración Bush na Guerra de Iraq, que levaron ao cancelamento do seu contrato en 2007, ano no que botou ao prelo o seu segundo libro de memorias, Celebrity Detox. En novembro de 2009 comezou un programa na radio, "Rosie Radio", programa diario de dúas horas no que se discuten novas e acontecementos na Sirius XM Radio. No outono de 2011 está previsto que volva á televisión na canle de Oprah Winfrey.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rosie, coy on TV, 'comes out' on stage. USA Today, 27/2/2007
- ↑ Friedman, Roger (21/9/2010). "Rosie O’Donnell Producing Chaz Bono Film for Oprah Network". Showbiz 411. Consultado o 9/1/2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosie O'Donnell |
- Actores do estado de Nova York
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Humoristas dos Estados Unidos de América
- Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América
- Personalidades da radio dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Activistas dos Estados Unidos de América
- Nados en 1962
- Nados no condado de Suffolk, Nova York
- Blogueiros