Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rodrigo Rato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Rato

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Rodrigo de Rato Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rodrigo de Rato y Figaredo Editar o valor en Wikidata
18 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2004 – 12 de maio de 2004 – Soraya Sáenz de Santamaría →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Vicepresidencia do Goberno de España
3 de setembro de 2003 – 17 de abril de 2004
← Mariano RajoyMaría Teresa Fernández de la Vega →
Deputado no Congreso dos Deputados
23 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
15 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Managing Director of the International Monetary Fund (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de California, Berkeley
Haas School of Business (en) Traducir
Our Lady of Remembrance College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista, banqueiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeÁngeles Alarcó (1987–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
PaiRamón Rato Editar o valor en Wikidata
Condenado porQ9027229 Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1143301 Dialnet: 53622

Rodrigo Rato Figaredo, nado en Madrid o 18 de marzo de 1949, é un político conservador e economista español. Foi vicepresidente do Goberno de España e ministro de Economía durante o oito anos de goberno do Partido Popular. Foi o noveno director xerente do Fondo Monetario Internacional até a súa dimisión o 19 de xuño de 2007. Sucedeu neste cargo a Horst Köhler, quen renunciara o 4 de marzo de 2004, e permaneceu no mesmo até o 31 de outubro de 2007, tras o cal foi sucedido polo francés Dominique Strauss-Kahn. En 2011 era o presidente de Caja Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

É bisneto de Faustino Rodríguez-San Pedro y Díaz-Argüelles (avogado e alcalde de Madrid, entre outros) e fillo do empresario Ramón de Rato Rodríguez San Pedro e Aurora Figaredo Sela. Ambas familias asturianas (os Rato e os Figaredo) son propietarias de industrias.[1][2]

Tras estudar cos Xesuítas de Chamartín e comezar a universidade en ICADE, licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, obtivo un máster en Administración de Empresas pola Universidade de Berkeley (California) tres anos máis tarde e, xa sendo Ministro de Economía de España, doutorouse en 2003 en Economía Política pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid.

Inicios na súa carreira política

[editar | editar a fonte]

Ingresou en política en 1979, figurando como candidato por Cádiz do partido Alianza Popular, antecesor do Partido Popular. Tras formar parte do comité executivo do partido desde 1980, obtivo o seu primeiro escano no Congreso dos Deputados en 1982. Tiña 33 anos. Sendo un dos deputados de AP máis activos no Congreso, apoiou o nomeamento de José María Aznar como candidato a presidente. Outros que tamén lle apoiaron foron Federico Trillo ou Juan José Lucas. Durante os anos de oposición de Aznar foi a súa man dereita e portavoz no Parlamento.

  1. "Fallece Aurora Figaredo, la madre de Rodrigo Rato, a los 90 años" (en castelán). 6 de xuño de 2005. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  2. "Fondos Familia Figaredo (Real Instituto de Estudios Asturianos)". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]