Rocío Molina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Vélez-Málaga, España |
Actividade | |
Ocupación | coreógrafa |
Premios | |
Rocío Molina Cruz, nada en Torre del Mar, Vélez-Málaga, en 1984, coñecida como Rocío Molina, é unha bailaora e coreógrafa española.
En 2010, xunto a Àngels Margarit, obtivo o Premio Nacional de Danza que outorga o Ministerio de Cultura de España na modalidade de interpretación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con só tres anos tivo o seu primeiro contacto coa danza. E desde entón o flamenco protagonizou a súa intensa traxectoria, iniciada en Málaga. En 2002 graduouse con matrícula de honra no Conservatorio Superior de Danza de Madrid, e un ano antes, xa estaba a bailar na compañía de María Pagés, onde realizou a súa primeira incursión no coreográfico, creando unha coreografía para o espectáculo Las Cuatro Estaciones.[1]
Foi uns anos despois cando a bailaora, aos 21 anos, presentou a súa primeira obra como creadora, Entre paredes. No Festival de Jerez de 2006, Rocío Molina estreou El eterno retorno, unha obra inspirada en textos de Nietzsche, con dirección musical de Juan Carlos Romeu, dirección escénica de Pepa Gamboa e a colaboración de Teresa Nieto e Pasión Vega. Con esta obra recibiu calorosas críticas como creadora emerxente.
Outros espectáculos estreados son Turquesa como el limón (2006), en dúo con Rozalén e visto no Teatro Pradillo de Madrid, Almario (2007), Cuando las piedras vuelen (2009), Danzaora (2013) estreado para a primeira Bienal de Arte Flamenca do Teatro Nacional de Danza de Chaillot, e Bosque Ardora (2015), estreado en Sevilla.
Desde a tempada 2015-2016, Rocío Molina é artista asociada do Teatro Nacional de Danza de Chaillot, en París, iniciando a súa colaboración con dúas improvisacións representadas no foyer do teatro. Seguirán en 2016 Caída del Cielo, e Afectos en 2017 con Rosario La Tremendita para a 3ª bienal de Arte Flamenca. En 2018 estrea Grito Pelao con Sílvia Pérez Cruz no Festival de Avignon onde o público as ovacionou.[2] Representouse en Chaillot en 2019. En 2020, participa na 4ª Bienal de Arte Flamenca con Impulso, unha velada performance na que baila cos seus artistas invitados.[3]
En 2021 estrea Vuelta a Uno como parte de Trilogía sobre la guitarra xunto a Inicio (Uno) e Al fondo riela (Lo Otro del Uno).[4]
Premios
[editar | editar a fonte]Entre os galardóns que recibiu figuran o de bailarina sobresaliente no XI Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco, o premio da crítica Flamenco Hoy á bailarina revelación 2006 e dous premios Max en 2017: á mellor intérprete de danza e mellor coreografía polo seu espectáculo Caída del cielo. En 2010, obtivo o Premio Nacional de Danza que outorga o Ministerio de Cultura de España, e en 2011 a Medalla de ouro da provincia de Málaga en 2011.[1]
En 2017, o xornal El Mundo incluíu a Rocío Molina entre as 50 persoas homosexuais máis influentes de España.[5]
En decembro de 2022, foille outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Medallas de oro.". Rocío Molina Cruz. Diputación de Málaga. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ Vicente, Alex (7 de xullo de 2018). "Rocío Molina y Sílvia Pérez Cruz levantan una ovación en Aviñón". El País. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Rocío Molina" (en francés). Chaillot – Théâtre national de la Danse. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Rocío Molina, cuando la guitarra arde en llamas". RTVE.es (en castelán). 2021-12-16. Consultado o 2021-12-27.
- ↑ Orgullo Gay 2017: los 50 homosexuales más influyentes en España 2017 El Mundo. 24 de xuño de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023.