Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Robin Tunney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobin Tunney

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Ignatius College Prep
Carl Sandburg High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBob Gosse (1997–2006) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000677 Allocine: 24549 Rottentomatoes: celebrity/robin_tunney Allmovie: p72108 TCM: 194972 Metacritic: person/robin-tunney TV.com: people/robin-tunney
Twitter: RealRobinTunney Instagram: robintunney BNE: XX1416449 Editar o valor en Wikidata

Robin Tunney nada en Chicago, Illinois, o 19 de xuño de 1972 é unha actriz estadounidense de orixe irlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Desde bebé apareceu en anuncios de televisión[1]. Asistiu ao St. Ignatius College Prep, un colexio católico en Chicago. Estudou interpretación na Chicago Academy for the Arts.

Aos 18 anos, trasladouse aos Ánxeles, California, onde conseguiu algúns papeis recorrentes en varias series e programas.

Desde setembro de 2008 protagoniza a serie de CBS The Mentalist xunto a Simon Baker, interpretando á axente Teresa Lisbon. A serie concluíu en febreiro de 2015.

En 2019, interpretou o papel de Maya Travis na serie The Fix, xunto a Adewale Akinnuoye-Agbaje, producida pola cadea de televisión ABC.

É coñecida polos seus papeis cinematográficos en Empire Records (1995) e The Craft (1996) onde traballou coas actrices Fairuza Balk e Neve Campbell. Robin perdeu o pelo no plató de Empire Records, polo que tivo que usar unha perruca en The Craft.

En 1997, Tunney protagonizou a película Niagara, Niagara de Bob Gosse, xunto con Henry Thomas, gañando a mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia ese ano. Tamén protagonizou xunto a Arnold Schwarzenegger a película de acción de 1999 End of Days.

En 2000 traballou na películas Supernova e protagonizou Límite vertical. En 2003 traballou xunto a Michael Douglas en Ata que a morte nos separe, un remake da película orixinal de 1979 do mesmo nome dirixida por Arthur Hill. En 2004 actuou nas películas Shadow of Fear e Paparazzi, interpretando o papel co-protagonista nesta última;

Televisión

[editar | editar a fonte]

Interpretou papeis en series de televisión como Life Goes On (1989), Law & Order (1990), Dream On (1990) e Clase '96 (1993). Tamén protagonizou os dous episodios piloto da serie House da Fox.

Un dos seus papeis máis recoñecidos foi o de Veronica Donovan en Prison Break (20052006) e tamén o de Teresa Lisbon en The Mentalist (20082015).[2] [3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casada con Bob Gosse de 1995 a 2006. Comprometeuse co produtor e director australiano Andrew Dominik, pero cancelaron o compromiso en 2010. Ten dous fillos co deseñador de interiores Nicky Marmet.[4] Ten unha irmá cantante, Susan Tunney[5], e outros dous irmáns, un deles actor. É curmá do concelleiro de Chicago Tom Tunney.[6]

  1. "Twitter de @realrobintunney". Twitter (en inglés). Consultado o 2022-07-03. 
  2. "Niagara-auditions-Robin-Tunney" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. 
  3. "Robin Tunney Biography (1972?-)". www.filmreference.com (en inglés). Consultado o 2022-07-03. 
  4. "Robin Tunney dá a benvida ao bebé número 2". Entertainment Tonight. Consultado o 2021-04- 07. 
  5. "Susan Tunney on Independent's Day 2.8.17". Consultado o 2022-07-03. 
  6. "Chicago Tribune; Robin-Tunney-TV-story" (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]