Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roadrunner Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roadrunner Records
Logo
Tiposelo discográfico
Data de fundación1980
Organización matrizWarner Music Group
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.roadrunnerrecords.com
Facebook: roadrunnerrecords Twitter: RR_Japan Instagram: roadrunnerrecords MySpace: roadrunnerrecords Youtube: UCRRxSTgPUY0q_YToaczc2BQ Allmusic: mn0000258786 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roadrunner Records é un selo discográfico estadounidense fundado no ano 1980 e centrado principalmente en bandas de heavy metal. Trádase dunha etiqueta subsidiaria do Warner Music Group e ten a súa base na cidade de Nova York.

O selo creouno en 1980 Cees Wessels nos Países Baixos. O negocio inicial de Roadrunner era a importación a Europa de gravacións de bandas norteamericanas de heavy metal. No ano 1986 abriu a súa sede nos Estados Unidos, en Nova York, e posteriormente abriría oficinas no Reino Unido, Francia, Alemaña, o Xapón, Australia, Dinamarca e o Canadá. Entre os seus primeiros éxitos están álbums de King Diamond (o primeiro artista de Roadrunner en entrar na lista Billboard 200 de álbums) e Annihilator. O selo tamén traballou coas primeiras edicións de Metallica na rexión de Escandinavia. Ao fnal da década dos 80 lanzaron dous discos que agora son considerados clásicos nos seus respectivos xéneros: Slowly We Rot de Obituary e Beneath the Remains de Sepultura.

Nos 90 asinaron con artistas como Life of Agony, Machine Head, Suffocation, Type O Negative e o grupo grunge Willard. A medida que avanaba a década, varias das bandas que traballaban con Roadrunner conseguiron entrar no mainstream, destacando principalmente Sepultura e Type O Negative. O disco de 1993 Chaos A.D., convertería a Sepultura na primeira banda de Roadrunner en acadar o top 40 da lista de álbums da Billboard. Type O Negative sería o primeiro grupo do selo en recibir unha certificaión da RIAA; este sería un disco de ouro (que posteriormente converteríase en platino) polo seu álbum de 1993 Bloody Kisses. A banda tamén sería a primeira de Roadrunner en aparecer na radio. No ano 2000, Slipknot conseguiría un disco de platino, sendo o primeiro para o selo. Nickelback tamén foi un grupo de éxito da etiqueta (aínda que tiña un contrato con outro selo no seu país, Canadá). Derek Shulman dirixiu Roadrunner Records a finais dos anos 90.

A comezos de 2001 os lanzamentos de Roadrunner comezaron a ser distribuídos polo Universal Music Group; o acordo de distribución xa expirou. O 18 de decembro do 2006 Warner Music Group asinou un acordo para mercar a meirande parte das accións (o 73,5%) da compañía nai de Roadrunner Records, Roadrunner Music Group B.V. Este acordo formalizouse o 29 de xaneiro do 2007 tras recibir a aprvación en Alemaña.

O 11 de xuño do 2008, Roadrunner Records foi votado comoo "Mellor selo de metal" pola revista Metal Hammer nos seus Golden Gods Awards[1], un premio que gañou catro anos consecutivos dende entón. O galardón foi recollido por Sharon Den Adel e Ruud Jolie de Within Temptation, unha das bandas máis grandes de Roadrunner.

Porén, Roadrunner tamén ten sido acusada de só estar interesada na música alternativa actual ou de moda, cousa que se reflicte nos artistas cos que ten contrato. O exemplo máis notable disto é o tratamento ás principais bandas de death e thrash metal do selo durante os 90, como Obituary, Deicide, Death, Gorguts e Pestilence, que foron expulsados ou deixaron a etiqueta despois de que non os tratasen ben. Un dos primeiros nomes do selo, King Diamond (que orixinalmente asinara cando estaba en Mercyful Fate, antes de iniciar a súa carreira en solitario), deixou Roadrunner alegando falta de promoción para o seu disco de 1990 The Eye. Type O Negative deixou Roadrunner en 2006 tras unha disputa polo lanzamento dun recompilatorio por parte do selo, The Best of Type O Negative, sen notificarllo previamente á banda, que acabaron por aceptar unha oferta de SPV Records. No ano 2008 Amanda Palmer foi informada polo selo de que querían reeditar o seu vídeo de "Leeds United" para facer que ela aparecese máis delgada, provocando moitas caixas dos seareiros en Internet. O 6 de abril do 2010 Palmer anunciou a través da súa conta de Twitter que Roadrunner xa non contaba con ela[2]. As queixas máis recentes contra Roadrunner proceden dos artistas Megadeth e Jose Morales[3].

A Roadrunner Records afectoulle significativamente a disputa legal de Warner Music Group contra YouTube, ao ter que pechar a súa conta no portal de vídeos. A meirande parte dos vídeos da súa canle, porén, aínda están dispoñibles para a súa visualización.

O 11 de novembro do 2010 o Warner Music Group anunciou que adqurira o stock restante de Roadrunner. O selo continuará operando como unha marca distinta dentro do grupo e Cees Wessels, o seu fundador, segue sendo o seu CEO.

O 26 de abril do 2012 deuse a coñecer que Warner Music Group faría importantes recortes nas operacións de Roadrunner Records[4]. As oficinas no Reino Unido e o Canadá pecháronse completamente, afectando os recortes tamén en maior ou menor medida ao resto de oficinas. Tamén anunciouse que a oficina dos Países Baixos vai ser pechada e que Cees Wessels deixará o seu cargo[5].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]