Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Río Mero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Mero
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía da Coruña Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′28″N 8°16′09″O / 43.2745, -8.2692
Afluentes
Características
Altitude500 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións41 (lonxitude) km

O Río Mero está na provincia da Coruña.

Nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e tras percorrer 41 km desemboca no interior da ría do Burgo. Atravesa os concellos de Oza-Cesuras, Abegondo, Bergondo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nel está o encoro de Cecebre e na súa confluencia co río Barcés forma a zona especial de conservación (ZEC) Encoro de Abegondo - Cecebre, que pertence na súa maior parte ao concello de Abegondo.

A media do caudal do río Mero a altura de Cambre foi de 7,3 m3/s e con máximos de 34,8 m3/s entre o 1970 e o 1986.[1] Para evitar inundacións, así coma facer uso de toda a capacidade do encoro de Cecebre, realizáronse as obras de canalización, rematadas no ano 2007, no seu tramo final entre o encoro de Cecebre ata a súa desembocadura na ría.[2]

Afluentes

[editar | editar a fonte]
Afluentes.

Pola marxe esquerda, ten o Barcés, o Brexa e mais o río Valiñas. Pola marxe dereita, o Río Gándara.

Aproveitamento

[editar | editar a fonte]

A auga do encoro de Cecebre fornece aos concellos da Coruña, potabilízase na ETAP da Telva xestionada por Emalcsa. O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.

[editar | editar a fonte]

No pasado o río foi navegable ata o porto de Sigrás. Era habitual o movemento de barcadas con persoas e mercadoría, principalmente para fornecer a Casa da Especiería da Coruña.[3] Actualmente esta posibilidade vese limitada polo encoro da Barcala. En 1990 o alcalde de Cambre, Antonio Varela, enviou un escrito á Confederación Hidrográfica do Norte solicitando a eliminación de devandita presa.[4] Conta con pantalán no Temple que permite o amarre de pequenas embarcacións.[5]

  1. "Estudio de impacto ambiental y proyecto del "Dragado ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)". Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente." (PDF). Anejo 4. Modelización hidrodinámica. Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  2. "Obras de acondicionamiento hidráulico del río Mero entre la presa de Cecebre y su desembocadura en la ría de O Burgo" (PDF). ingenieriadelagua.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2020. 
  3. "Cambrish". cambrish.blogspot.com (en castelán). 30 de outubro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  4. El Mero fue navegable hasta el «puerto» de Sigrás
  5. Silveira, Elena (2016-04-05). "Costas trasladará el pantalán de O Temple al otro lado del puente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-09-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]